Monthly Archives: Novembro 2012

Cantando contra o maltrato

Estándar

O 25 DE NOVEMBRO É O DÍA MUNDIAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.
MILES DE MULLERES DE TODO O MUNDO MORREN POLO TERRORISMO MACHISTA.
MANIFÉSTATE EN CONTRA DA VIOLENCIA MACHISTA CANTANDO:

O PATIO DA MIÑA CASA
É PARTICULAR,
CANDO ALGUÉN MALTRATA,
O ESCOITAMOS OS DEMAIS.
¡DENÚNCIAO!:
NON O DEIXES MALTRATAR
QUE TODAS AS VÍTIMAS
CHO AGRADECERÁN
.

Un 25 de novembro contra o maltrato de xénero

Estándar

Por que un 25 de novembro? Por que esta data a nivel mundial?
É unha data que recoñece a loita das irmás Minerva, Patria e Mª Teresa Mirabal, tamén coñecidas como “as bolboretas inesquecibles”, que era o nome segredo que Minerva tiña nas súas actividades clandestinas.
As irmás, opositoras da ditadura política que neses momentos dirixía a República Dominicana,
foron conducidas a unha casa campestre onde foron golpeadas con paos ata que morreron, ocorreu o 25 de novembro de 1960, cando regresaban de visitar aos seus homes que estaban encarcerados. Convertéronse en símbolo da resistencia popular e feminista.
Cada 25 de novembro conmemórase o Día Internacional da Non Violencia Contra a Muller, foi establecido no 1º encontro Feminista Latinoamericano celebrado en Bogotá en 1981.