Un 25 de novembro contra o maltrato de xénero

Estándar

Por que un 25 de novembro? Por que esta data a nivel mundial?
É unha data que recoñece a loita das irmás Minerva, Patria e Mª Teresa Mirabal, tamén coñecidas como “as bolboretas inesquecibles”, que era o nome segredo que Minerva tiña nas súas actividades clandestinas.
As irmás, opositoras da ditadura política que neses momentos dirixía a República Dominicana,
foron conducidas a unha casa campestre onde foron golpeadas con paos ata que morreron, ocorreu o 25 de novembro de 1960, cando regresaban de visitar aos seus homes que estaban encarcerados. Convertéronse en símbolo da resistencia popular e feminista.
Cada 25 de novembro conmemórase o Día Internacional da Non Violencia Contra a Muller, foi establecido no 1º encontro Feminista Latinoamericano celebrado en Bogotá en 1981.

Os comentarios están pechados.