Amosar ao alumnado modelos pode ser unha acción positiva. Deixamos un exemplo para alumnado de Infantil e Primaria. Poderíase propor a lectura, despois dunha breve introdución: coñecedes algunha médica famosa?, e algunha de hai máis de dous mil anos?,…
Monthly Archives: Febreiro 2014
CONMEMORACIÓN DO 25 DE NOVEMBRO NO CIFP A XUNQUEIRA
O CIFP A XUNQUEIRA DÍ NON Á VIOLENCIA DE XÉNERO
Co motivo do Día Internacional contra a violencia de xénero, que se commemorou o 25 de novembro de 2013, o CIFP A Xunqueira celebrou as “I Xornadas de Educación, Sexualidade e Violencia de xénero”, que se desenvolveron ao longo da semana do 25 ao 29 de novembro de 2013.
Estas xornadas, organizadas polo Departamento de Servizos Socioculturais e á Comunidade, en colaboración co Departamento de Información e Orientación Profesional do CIFP, estiveron coordinadas pola profesora Yolanda Paz Pereira e tiñan como finalidade sensibilizar e concienciar ao alumnado sobre a necesidade de combater a violencia de xénero.

A Inspectora, Rosa Pérez Santiago, inaugurou as I Xornadas “Educación, Sexualidade e Violencia de Xénero”, xunto co Director do CIFP A Xunqueira, Rafael Núñez Portela, e a Coordinadora, Yolanda Paz Pereira
O luns, 25 de novembro, celebrouse o acto de inauguración, a cargo da Inspectora de Educación, Rosa Pérez Santiago, e o Director do CIFP, Rafael Núñez Portela. Presentouse o programa das xornadas e amosáronse algún dos traballos realizados, entre eles, un lazo en madeira cunha escolma do poema “lieders” de Rosalía de Castro, elaborado polo alumnado e profesorado do Departamento de Madeira, Moble e Cortiza.

O alumnado e profesorado de do Departamento de Madeira, Moble e Cortiza, realizou un lazo en madeira cun poema de Rosalía
O martes 26 tivo lugar a ponencia “Sexo, sedución e violencia” a cargo da Sexóloga, Purificación Leal, e o mércores 27 foi a Profesora e Enxeñeira Informática, Luz Castro, quen falou sobre “Videoxogos e rol de xénero”.
O programa incluiu un Obradoiro para a “Xestión da agresividade”, o xoves 28, a cargo de persoal do centro Quérote, e concluiu o venres cun Videoforum, coordinado polo profesor Serxio Carreira Trigo.

Videoforum, coordinado polo profesor Serxio Carreira Trigo, no que se presentaron varias “ContraCurtas”.
Ao longo de toda a semana proxectaronse vídeos elaborados polo alumnado e expúxose o traballo fotográfico “Caras”, cedido polo CPI de Mosteiro-Meis.
A educación é o mellor método para chegar a unha sociedade comprensiva e exenta de prexuízos e violencia.