Para ler e Comentar na Clase:
María coñece
un neno pequeno
que di convencido
que ten moito medo:
Di que na súa casa
un monstro hai
que dorme na cama
en que dorme a nai.
É un monstro que berra,
fai moito barullo,
e o neno agáchase
en calquera recullo.
Unha noite María
escoitouno berrar,
chamou á Policía
que o foi apreixar.
O neno ollou todo
ollou con sixilo
e dende esa pode
durmir máis tranquilo.