Loitando contra a desigualdade é previr o maltrato

Estándar

Traballar a prevención contra a violencia de xénero pode facerse con textos narrativos. Un deles é de Adela Turín e leva por título “Artur e Clementina”. O conto narra a historia dunha agresión, non física, pero si psicolóxica (humillacións, menosprezo, bloqueo dos sonos e desexos,…).
Aquí tendes unha versión en audio-conto

Tamén existe versión en soporte libro
untitled
A reflexión posterior sobre o conto é imprescindible e poden servir de guía preguntas como:

  • Era feliz Clementina? Por que o credes?
  • Artur, como era?
  • Que farías se foses Artur? E se foses Clementina?
  • E pódese seguir reflexionando se se fan propostas relacionadas coa ampliación e modificación da historia:

    • Continúa a historia tendo presente as preguntas seguintes: Será Clementina feliz agora? Que fará? Que fará Artur?
    • Reescribirías a historia modificando o argumento para que sexa unha historia de bo trato? Como debería ser Artur?

    Poderemos comparar a versión de audio-conto con esta,

    Os comentarios están pechados.