Monthly Archives: Xaneiro 2015

PERSEVERANCIA E CONCIENCIACIÓN

Estándar

Hai tres meses encabezaría unha circular dirixida ás nais e pais das nenas e nenos que acoden á escola infantil onde traballo poñendo “Estimados pais”, pero cando comecei a cursar o módulo de Proxecto de Atención á Infancia o meu xeito de encabezar as circulares comezou a cambiar, iso si grazas á insistencia da profesora que cada vez que lía algo do proxecto facíame fincapé en que tiña que redactar con igualdade. Un día revisando os documentos do centro (PRI, Proxecto educativo, Folletos informativos…) decateime de que estaban redactados todos en masculino, así que os modificamos todos. Agora as circulares empezan con Estimadas nais e Estimados Pais e son eu a que insisto en que todo o que se escriba ten que ser redactado en igualdade.
Marta Acuña Miranda
Escola Infantil Pitufos (Vigo)