Monthly Archives: Novembro 2015

MICROMACHISMOS E MALTRATO DE XÉNERO

Estándar

Os micromachismos son fórmulas de violencia cotiá. Os micromachismos son violencia, violencia tan sutil que resulta invisible, pero que reflicte as actitudes machistas presentes na sociedade, así como a discriminación cara á muller. Son a base da violencia de xénero.
Saber identificalos é fundamental para combatelos.

Co alumnado podemos traballalos a partir de historias, de noticias, de imaxes, de películas e vídeos. Na rede hai moitos exemplos.
Unha historia pode axudar a inciar o debate

Ou ben textos sinxelos.

PROPOSTA PARA TRABALLAR CONTRA O MALTRATO: 25 DE NOVEMBRO

Estándar

 

 

PARA TRABALLAR CO ALUMNADO PROPOMOS ESTE TEXTO: O NOIVO DE DONA RATA.

CO TEXTO PODEMOS FACER LECTURA, DRAMATIZACIÓN, BUSCA DE NOTICIAS NO XORNAL RELACIONADAS CO ARGUMENTO, DEBUXO DA HISTORIA, BUSCA DE REMATES ALTERNATIVOS, CREAR CAMBIOS NA HISTORIA QUE LLE AXUDEN Á RATA A DETECTAR O PROBLEMA AO COMEZO, …