25 de novembro no CIFP A Xunqueira

Estándar

CONMEMORACIÓN DO 25 DE novembro no CIFP A XUNQUEIRA. 2015.

Crónica elaborada por estudiantes do CS de Integración Social do CIFP A Xunqueira, de Pontevedra.

  1. Planificación da actividade.

A preparación da actividade sobre a violencia machista comezou na aula cun pequeno debate sobre as diversas opinións existentes entre os compañeiros/as. Nalgúns módulos tratamos o tema en profundidade, e tamén fixemos pequenos debates, o que axudou e nos permitiu aclarar as nosas ideas.

Unha das actividades que fixemos foi a análise de refráns antigos, coma por exemplo: “A muller e a sartén, na cociña están ben”, que nos fixeron darnos conta do carácter retrógrado e machista destes.

Despois investigamos o vocabulario español, no que atopamos unhas diferenzas sexistas na linguaxe como por exemplo: “coñazo/cojonudo, zorro/zorra”, no que rapidamente apreciamos que o feminino é unha forma despectiva e no masculino é algo bo.

Por último, analizamos a publicidade e catálogos de xoguetes, caendo na conta de que o mundo está deseñado para potenciar o desenvolvemento dos homes e reducir a muller ao ámbito da familia e ao fogar.

IMG_0532

No que respecta ao deseño dos cartaces para a conmemoración do día contra a violencia de xénero, realizamos unha chuvia de ideas e decidimos crear un coa frase  “se o amor aperta non é da túa talla”, co símbolo da muller formado por pegadas de mans moradas.

IMG_0577

IMG_0525

IMG_0533

IMG_0542

IMG_0543

IMG-20151123-WA0000

IMG-20151123-WA0008

O propio día, levariamos cada un/ha unha man morada co “hagstag” #25N. No referente ao baile, ensaiamos todos os grupos a coreografía que nos ensinou o profesor Eduardo Quintela, e o 25N sairiamos a realizalo á Peregrina, observando previamente un acto que desenvolverían a Deputación e o Concello de Pontevedra.

O obxectivo do baile sería atraer a atención da xente para que se concienciaran dos motivos do día.

IMG_20151125_132153

Baile 25 N – CIFP A Xunqueira

Crónica: Lidia Acuña, Ruth Serantes Puime Daniel, Laura Muñiz, María Martínez, Tania Miguéns.

  1. IMPLEMENTACIÓN DA ACTIVIDADE.

O día 25 de novembro, debido ao “Día Internacional da Violencia de Xénero” recibimos unha charla, dunha hora de duración, impartida por unha criminóloga da UNED, unha psicóloga da UNED e un sarxento da Garda Civil que se encarga dos casos de maltrato da provincia de Pontevedra.

A primeira persoa (Criminóloga) falou sobre o concepto de xénero, sexo biolóxico… entre outros conceptos. A segunda persoa (Psicóloga) explicou os distintos tipos da violencia de xénero e en que consistía cada un, pero centrándose na adolescencia. En canto ao Garda Civil, adentrouse mais no tema da violencia de xénero pero dende o ámbito xurídico.

Ao rematar as explicacións, realizouse unha rolda de preguntas sobre dito tema.

A nosa intervención na Peregrina, levámola a cabo cun baile tradicional de Bélxica, o cal consistía en realizalo por parellas formando un círculo e a medida que avanzaba o baile, realizabamos varios cambios de parellas.

Este baile fíxose co fin de chamar a atención dos transeúntes que paseaban pola praza, para que nun segundo momento, cando rematou o baile, coller os cartaces que estaban no interior do círculo, realizados polo alumnado dos diferentes ciclos do CIFP A Xunqueira, que compoñiamos o baile. Posteriormente, alzamos estes cartaces para ensinárllelos ao público  para concienciar sobre este tema.

Crónica: Tamara Fernández, Pilar Colmenero, Andrea Carballo, Zaida García, Zaida Estévez, Andrea García.

  1. Avaliación da actividade. Propostas de mellora.

En primeiro lugar, en canto á preparación, fallou a coordinación inicial entre o centro, que deseñou a intervención, e o alumnado que a realizabamos.

Por outra banda, a comunicación entre o profesorado dos distintos módulos non foi suficiente á hora de realizar os diferentes cartaces, xa que se repetiron algunhas das mensaxes.

No correspondente á execución, por parte do Concello e da Deputación de Pontevedra botamos en falta un maior apoio e recoñecemento, xa que non contaron connosco, nin nos presentaron, nin nos nomearon, e non quedaron para ver a nosa intervención. Tamén houbo escasa difusión e publicidade tanto antes coma despois do acto, así como a lectura dun manifesto antes de inicialo.

A pesar desta serie de dificultades e da falta de ensaios, a participación dos alumnos foi plena, aportando ideas creativas e mensaxes orixinais.

Tendo en conta a temática que nos ocupa, é fundamental a concienciación e educación en materia de igualdade no ámbito educativo, preferiblemente dende a infancia, xa que, actualmente, as mozas e mozos están expostos nas redes sociais e medios de comunicación,  a actitudes de acoso, de control, de presión social, de abusos psicolóxicos, e todo tipo de violencia.

 

Crónica: Bárbara, Laura Fernández, Eugenia, Ariana, Ainhoa, Silvia.

  1. As opinións personais.

Andrea Campos:

Día 25/11, para algúns unha data calquera, para min e outras persoas unha data significativa, unha data para demostrar que as cousas deben cambiar, que xuntos podemos facer que a violencia de xénero desapareza.

Na miña opinión moitas persoas pechan os ollos ante este día ou ante estas situacións pero encantaríame saber por que o fan. Por medo? Por non saber que facer? Supoño que iso é o que menos importa. O que importaría sería que todos e todas, nos xuntasemos e loitaramos por esa igualdade que por mala sorte non destaca nin aquí nin e calquera outro lado. Dá igual se non sabes moi ben o que facer ou o que dicir ou incluso como reaccionar, simplemente hai que xuntarse, confiar en que isto pode cambiar.

Tamén hai que facelo polo feito de que seguramente todos coñecemos algún caso de violencia de xénero, da igual que non sexa persoalmente porque por desgraza isto pasa no noso día a día. Moitos diredes que non pero… estades seguros/as? Cada vez que intentas mirar o teléfono da túa parella, cada vez que sentes eses “celos” que te matan por dentro ao pensar que a túa parella pode estar con outra persoa e miles de cousas máis. Esas cousas son polas que se empeza esa situación de violencia tanto na parella como de xénero.

Este día significou para min volver a recordar moitas cousas, recordar dor, tristeza, agobio e incluso rabia. Tamén recordar todas esas mulleres que sofren cada día unha situación así ou que por mala sorte, xa non están aquí para contalo. Por elas e por todas as que o sofren e aquelas que poden chegar a sufrilo hai que facer cousas como as do día 25 pero…por que só ese día? Había que facelo todos os días, absolutamente TODOS. Hoxe isto vai por esas  45 mulleres que perderon a vida neste 2015 pola inxustiza da desigualdade.

 

Marco Domínguez Sáenz-Diez:

Na miña opinión esta actividade creou un antes e un despois na forma de ver a loita que as mulleres desempeñan cada día sen ningún tipo de recoñecemento. A visión que temos nós agora é diferente, pero o noso papel na sociedade é o de cambiar o pensamento de todas aquelas persoas que menosprezan e discriminan á muller polo mero feito de ser muller. A actividade que fixemos e a que presenciamos fixo ver aos presentes a carga familiar e social que as mulleres soportan a diario.

Victor Marcos:

O pasado día 25 de Novembro asistimos a unha pequena “performance” na praza da peregrina en protesta por todas as vítimas da violencia de xénero. Cada día atópanse máis casos e máis violentos de violencia machista. Na miña opinión, este e un problema de educación sobre uns prototipos patriarcais moi anticuados e erróneos . Co noso pequeno xesto de baile queriamos chamar a atención de todos os viandantes, un xesto que foi acompañado pola representación de Ana Gesto , cunha moi artística performance do peso que teñen que soportar as mulleres inutilmente , podendo ser repartidas igualitariamente as tarefas do fogar.

Ana M.:

 

“Emotivo” sería un adxectivo que expresaría moi ben a sensación vivida neste día contra a violencia machista. Moitas persoas, cidadáns da cidade de Pontevedra, estiveron presentes neste acto, entre eles alumnado do CIFP A Xunqueira. A performance realizada pola Deputación e o Concello foi, sen dúbida, unha forma de protesta que non pasou desapercibida. Ninguén pode negar o impactante que resultou. Imaxinade que camiñades pola rúa e de súpeto unha muller pasa ao voso carón cun montón de potas cheas de pedras. Seguramente pensaredes que esa muller está tola; pero non o está. Acaso non é a realidade?

O peso familiar que reciben as mulleres por ese simple feito, ser muller, foi perfectamente representado. Gustaríame empezar por explicar, para quen non o saiba aínda, que non só unha bofetada é violencia. Esta protesta, non significaría o mesmo para todos, como tampouco o facía para min fai uns anos. Cando a vives na túa mesma pel, cambias a visión. Nós quixemos participar dalgún xeito neste día, facéndonos notar.  Nos días previos ao 25N, as redes sociais estaban repletas de “fíos” sobre relatos de mulleres que compartían a súa experiencia e animaban a outras mulleres a facelo. Entre estes “fíos”, atopamos moitas frases, que decidimos compartir realizando uns carteis.

Facer unha protesta está ben. Sen embargo, estaría mellor ir máis alá. Comezar polas nosas novas xeracións para que non cheguemos a estes extremos. Homes e mulleres, non en contra da violencia machista, senón en contra da violencia en xeral. Non podemos permitir que “como es muller…” sexa unha escusa para ter menos dereitos, oportunidades. Tamén queremos ser nós mesmas, expresarnos, facernos valer.

Manuel Vidal Núñez:

 

A miña experiencia persoal na participación en este tipo de actividades era nula, mais esta non será a última pois é unha gran experiencia o feito de sentirse participe, aínda que só sexa cun gran de area, dunha actividade cun significado e un propósito tan importantes, que xera unha sensación tan gratificante, aínda que non se axude a ninguén directamente.

Por outra parte creo que é de sentido común a participación neste tipo de eventos; a violencia de xénero e un gravísimo problema no que toda a sociedade ten que pór da súa parte. Pode que a actividade en si non axude a reducir o elevadísimo número de mortes, pero si axuda a un labor tamén moi importante que é o de concienciación. Na miña opinión, o primeiro paso para chegar a unha sociedade que, por fin, deixe de pór etiquetas e facer discriminación, sexual neste caso, pero tamén por razóns de cultura ou discapacidade.

Aldara López Rodríguez:

O día 25 de novembro os alumnos de primeiro ano de Integración Social do “CIFP A XUNQUEIRA”, xunto cos alumnos de primeiro e segundo ano de Infantil e Dependencia,fixemos unha serie de actividades co motivo do Dia Contra a Violencia de Xénero.

O día 25 foi moi emotivo para moitas persoas,onde me inclúo eu, un día triste para aquelas persoas que sofren no seu día a día a violencia, para aquelas persoas que viviron esa situación e sobre todo para aquelas persoas que perderon ás súas fillas, irmás, amigas a mans dun home. Un día difícil tamén para os/as nenos/as que perderon as súas nais.

Foi un día onde todos nos unimos para loitar contra a violencia de xénero,que por desgraza cada día está mais presente.Nós quixemos estar presentes na loita, quixemos dar o noso apoio coa presenza no acto realizado na Peregrina.

O acto ao que asistimos na miña opinión foi moi real, xa que a muller que o realizaba representaba moi ben o día a día dunha muller. A muller atábase unhas cordas na cintura que arrastraban unhas olas con pedras no seu interior. Estas pedras fan referencia ao peso e a dor que a muller leva todos os días por diversos motivos (maltrato,abusos,recriminacións verbais…). A muller acaba morrendo. No momento no que a muller era recuberta por terra para soterrala, a  min resultoume moi impactante e agobiante. Pensar que esa situación ocorre todos os días… non hai palabras para describir a dor e a frustración da familia dunha muller asasinada a mans do seu home.

Tamén penso que se debería loitar e mostrar a nosa repulsa contra esta situación de covardía dos homes todos os días do ano.Debemos de concienciar máis á xuventude e a cidadanía en xeral.

XUNTAS E XUNTOS PODEMOS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO. 

Os comentarios están pechados.