Monthly Archives: Xaneiro 2017

Manuel Rozados, o impulsor da Coeducación no IES A Xunqueria I

Estándar

O 23 de novembro de 2016, no Auditorio do Pazo da Cultura, a comunidade educativa do IES A Xunqueira rendiu un sentido homenaxe á memoria do Profesor Manuel Rozados,  que nos deixou o 13 de xunño de 2016.

O Coro do instituto interpretou unha serie de melodías mi apropiadas, tanto na súa música como coa súa letra ao evento que se celebraba.  O Auditorio encheuse coas canción e con choros máis ou menos reprimidos do público asistente.img-20161123-wa0000

Manuel Rozados foi o impulsor da Coeducación no IES A Xunqueira I, fai xa máis de dez anos, e dende entón non houbo unha soa actividade contra a Violencia de Xénero ou Obradoiro de Corresponsabilidade na que non participase Manuel, sempre desposto a axudar e colaborar, ata o último momento.023

SAMSUNG DVC PICTURES

O actual Director do instituto, Luis Rascado e a anterior Directora, Lola Varela, nos deixan unhas fermosas verbas para lembrar a Manuel Rozados

“Alá polos inicios do ano 2016 recibín unha chamada telefónica, era o compañeiro, e amigo, Manuel Rozados que había ido a Pamplona para un diagnóstico médico. Pasaron varios meses nos que tivemos a Manuel con nos, traballando como o que máis, rindo como o que máis e que nos enchía coa súa presenza, xa que decidira que o diagnóstico non lle ía cambiar a vida.
Así estivemos ata o final, dúas semanas antes de que nos deixara para sempre, e aínda nestes días cando o visitabas no hospital seguía a ter esa fortaleza e entereza que tanta pegada deixou en todos.
Despedímos o seu corpo, él sempre estará cos que o coñecimos, nun día de choiva como non podía ser menos, ata as nubes quixeron chorar nese triste día.”

Luis Rascado, Director do IES A Xunqueira I de Pontevedra

IMG_0380.JPG

A MANUEL ROZADOS, IN MEMORIAM

Aínda que nos separan moitos centos de Kms., hoxe síntome moi perto e moi próxima a todos e todas vós.

Hoxe lembramos a Manuel e para min lembrar a Manuel significa, entre outras moitas cousas, EDUCAR EN IGUALDADE. Ninguén mellor que el soubo levar ás aulas esta mensaxe da que non só estaba completamente convencido, senón que era a súa práctica diaria co alumnado e os compañeiros e compañeiras.

Alá polo ano 2007 asumiu a responsabilidade de ser o coordinador do 1º Plano Valora-Igualdade que se organizou na Xunqueira I, e que repetiríamos durante varios anos máis. Daquela coordinou as actividades dos dezanove profesores e profesoras involucrados e comprometidos coa igualdade de homes e mulleres.

Con ese 1º Plano de Igualdade naceron os Obradoiros de Corresponsabilidade, nos que a través de determinadas actividades dirixidas ao alumnado de 1º e 2º de ESO, intentábamos minorar as diferenzas entre homes e mulleres. Ano tras ano, ata marzo de 2012, o alumnado cociñou, desatascou un sumidoiro, arranxou un portalámpadas, coseu un botón, pasou o ferro… e Manuel organizaba os horarios, propuña actividades e traballaba como ninguén para levalos adiante.

Cando nos Consellos escolares apareceu a figura do representante de políticas de igualdade nos centros de ensino, Manuel foi o primeiro en desenvolver ese papel no Consello escolar da  Xunqueira I.

Foron moitos anos xuntos, aprendendo entre nós a crer nunha sociedade sen violencia machista, sen discriminación cara as mulleres, superando os estereotipos e procurando ir máis alá dos xéneros.

Manuel, nesas andamos aínda e alá onde esteas sabemos que seguirás a compartir con nós esa andaina tan necesaria e na que ti traballaches arreo, EDUCAR EN IGUALDADE.

                                                                            23 de novembro, Alhucemas (Marrocos)                                                                                     Lola Varela

img_0370

Científicas: modelos para as clases

Estándar

Partir deste artigo, pode servir de motivación para traballar ao redor de mulleres e ciencia.

Tamén pode ser de interese este artigo-vídeo.

A listaxe de personaxes a investigar é enorme, algúns exemplos:

Resultado de imagen de mujeres cientificas importantes

  • Lise Meitner
  • Rosalind Franklin
  • Marie Curie
  • Hipatia
  • Merit Ptah
  • Téano
  • Hildegarda de Bingen
  • María Wihnkelmann
  • Èmilie du Châtelet
  • Maria Sibylla Merian
  • Caroline Herschel
  • Laura Bassi
  • Ada Lovelace
  • Annie Scott Dill Maunder
  • Emmy Noether
  • Grace Hopper
  • Rosalind Franklin
  • Margarita Salas
  • Rita Levi-Montalcini
  • Esther Lederberg
  • Barbara McClintock
  • Dorothy Crowford Hodgkin
  • Ida Noddack
  • Gerty Cori
  • Vera Rubin