Monthly Archives: Xaneiro 2019

Loitando pola paz

Estándar

Nestes días podemos traballar a idea de paz a través da visión das mulleres.

Poderemos traballar biografías de varias premio Nobel.

E moitas outras que nos achegaron as súas mensaxes de igualdade, sostibilidade, tolerancia, liberdade, …

Resultado de imagen de mujeres premio nobel de la paz

Imagen relacionada

Imagen relacionada

Resultado de imagen de Nadia Murad,

Resultado de imagen de jane addams

Resultado de imagen de Bertha von Suttner

Aquí poderás atopar datos sobre as mulleres premios Nobel e escolmar aquelas que recibiron o premio da Nobel da paz

“ám@me”, de Chis Oliveira e Amada Traba, presentado por Lola Varela

Estándar

O xoves 3 de xaneiro Lola Varela, Directora do IES Melchor de Jovellanos de Alhucemas, en Marruecos, presentou o novo libro da colección “Feminismos”, da editorial Galaxia, esccrito “a catro máns e dúas cabezas” por Chis Oliveira e Amada Traba, dúas expertas en coeducación de Galicia, titulado “ám@me”.

img-20181227-wa0001

A presentación realizouse na antiga “Villa Pilar” de Pontevedra, hoxe convertida no espazo Nemonon, un lugar de eventos do arquitecto Mauro Lomba, e co patrocinio do Ateneo de Pontevedra.

img-20190104-wa0006Vista xeral do evento

Lola Varela foi realizando unha serie de preguntas ás escritoras nas que facía fincapé nalgúns capítulos do libro-ensaio, que poden lerse independentemente e sen unha borde establecida; nos versos que lles acompañaban, como o da poetisa e experta en igualdad Elena Fernández Treviño; ás referencias ás cousas que máis lles interesan á xuventude, ás chanzas e frases inxeniosas de distintos autores e autoras, complementándose con explicacións a pé de páxina.

Amada, Chis e Lola (de esquerda a dereita)Amada, Chis e Lola (de esquerda a dereita)

As autoras respostaban alternativamente con complicidade e respecto mútuo que resultaba moi ameno e divertido e que permitía comprender claramente como dúas cabezas pensantes sacaron á luz esta obra.

img-20190104-wa0003Amada Traba e Chis Oliveira

Resumindo, o máis salientable deste libro quizá sexa o intento de desmitificar o amor romántico, desvelar aqueles tópicos nos que mulleres e homes fomos educadas e educados e pola contra valorar e reivindicar o “coidado“, preocuparse por as e os demais, como paso necesario para avanzar cara unhas relacións máis pracenteiras, equitativas e solidarias; facendo que o “coidado” deixe de ser algo maioritariamente feminino e dea paso a unha desexada redistribución entre mulleres e homes.

img-20190104-wa0007O público atento as explicacións

Nos seguintes enlaces pode seguirse parte da presentación:

Presentación “áma@me”

Audio “ám@me”

img-20190104-wa0009O público no Espazo “Nemonon”, en Pontevedra

Recomendamos a súa lectura, e se tedes algunha crítica ou reflexión que facer, as autoras estarían encantadas de recibilas e comentalas.