Monthly Archives: Novembro 2019

Charla no CIFP A Xunqueira ao alumnado do Ciclo Formativo de Promoción de Igualdade de Xénero

Estándar

O pasado día 19 de novembro foi invitada a dar unha conferencia no Ciclo superior de FP Promoción de Igualdade de xénero, no CIFP de Pontevedra A Xunqueira, a profesora Lola Varela que acudíu acompañada de Elena Antelo unha muller con explotacións no rural, sobre A muller no rural galego: situacións e perspectivas de mellora, xa que dentro da prograMación está o módulo de Participación social das mulleres. Con esta intervención pretendíase adaptar esta participación ao medio rural en Galicia.

IMG-20191119-WA0008

Expuseron as condicións de vida no rural e as diferentes formas de participación das mulleres (cooperativas, asociacións, sindicatos agrarios e grupos de desenvolvemento rural), para rematar nunhas conclusións que reflicten as necesidades para o empoderamento da muller no rural galego.

Déixovos aquí a presentación: A muller no rural galego

100 Mulleres Galegas e outros libros

Estándar

Presentamos aquí varios libros que visibilizan o traballo das mulleres nunha sociedade machista:

  1. 100 Mulleres Galegas“. Consello da Cultura Galega. Realizado pola Asociación Teenses pola Igualdade.
  2. Las maestras de la república“. FETE-UGT.
  3. Nosoutras creamos mundo“. FETE-UGT.
  4. Un recorrido por la historia de las mujeres“. FETE-UGT.
  5. Historia de las mujeres I” e “Historia de las mujeres II“. FETE-UGT
  6. Contra a violencia machista. Primaria.” CIG-Ensino
  7. Contra a violencia machista. Secundaria.” CIG-Ensino

Proposta de películas e vídeos

Estándar

O cine ten numerosas películas onde se pode ver a violencia de xénero. As aulas é un bo lugar para estudar estas películas e analizar as fases da violencia de xénero a fin de que o alumnado as recoñeza ao tempo que se sensibiliza ao xerar empatía coas vítimas.

  1. Te doy mis ojos” de Icíar Bollaín
  2. No” de Adrián Vereda
  3. El orden de las cosas” de Alenda Brothers
  4. Despierta” de Cristina Barón
  5. Solo mía” de Javier Balaguer.
  6. En tierra de hombres” de Niki Caro
  7. Acusados” de Jonathan Kaplan
  8. Contraseña” de Mireia Ros
  9. Física e Química“, serie de Antena 3.
  10. Sunshine – Don’t confuse love and abuse” da Asociación Day One
  11. Audrie y Daisy” de Bonni Cohen, Jon Shenk
  12. A domicilio” de Oleguer Baró
  13. Deámoslle voz” IES Isaac Díaz

Tamén podedes botar unha ollada aos seguintes vídeos e novas:

  1. Violencia 0” O Recuncho de Tambo
  2. Entre un hombre y una mujer” Ministerio de Sanidade, Consumo e Benestar Social
  3. Si te controla, no es amor es maltrato” Atresmedia
  4. Nunca é tarde” Xudit Casas
  5. Una campaña pide que los hombres reaccionen a los comentarios machistas de sus amigos” El País
  6. Polas que xa non teñen voz” Asociación Feminista de Vilalba

A violencia sexual na vida cotiá: cancións e titulares que perpetúan a ‘cultura da violación’

Estándar

O diario dixital “Galicia Confidencial” publicou o pasado 12 de novembro de 2019 esta nova que recolle algunha das conclusións da III Xornadas sobre Violencia de Xénero organizadas polo Consello da Cultura Galega.

(Leer máis …)

Vídeos contra a violencia de xénero

Estándar

Estes 5 vídeos permiten abordar co alumnado preadolescente e adolescente a temática da violencia de xénero. Esta serie permite reflexionar, comentar e previr a violencia, foi dirixida e producida pola “Asociación de Mujeres Cineastas y de Medios Audiovisuales (CIMA)” abordan diferentes ámbitos relacionados coa violencia na adolescencia.
1. Fútbol.

2. Árbore

3. Telefonillo.

4. Banco.

5. Contrasinal.

20 de novembro: 50 aniversario dos dereitos da infancia

Estándar

O 20 de novembro de 1959, a Asamblea Xeral da ONU aprobou a Declaración Universal dos dereitos dos nenos e nenas. Este ano é o 50 aniversario desa aprobación.

Resultado de imagen de dereitos da infancia"

(Imaxe extraída de http://madenglishouse.eu/bitacora/?attachment_id=118)

Dez son eses dereitos, entre eles están:
– ter un nome e unha nacionalidade desde o seu nacemento
– gozar dos beneficios da seguridade social e reciban tratamento, educación e coidados especiais se os precisan
– crecer nun ambiente de afecto e seguridade
– recibir educación
– figurar entre as primeiras e os primeiros que reciban protección e socorro en casos de desastre
– recibir protección contra calquera forma de discriminación
– etc
A celebración da data permitirá falar de igualdade e rexeitar a desigualdade entre os sexos co gallo do coñecemento dos 10 dereitos.

Resultado de imagen de igualdas de niñas y niños"