O sábado 1de febreiro tivo lugar no Pazo da Cultura en Pontevedra unha xornada de formación organizada pola Concellería de benestar e Igualdade do Concello de Pontevedra, dentro do programa municipal pola diversidade sexual Pinto e Maragota.
Nesta xornada poidemos escoitar á pediatra Inés del Río.
Inés, ademais de pediatra está no comité de bioética da Asociación Española de Pediatría. É unha persoa moi comprometida co colectivo LGTBIQ+ dende a infancia e apórtanos unha interesante visión do tema dende un punto de vista médico.
Aquí vos presentamos algúns dos recursos da charla por se queredes ir empezando a “debuxar” o xénero, como nos dixo ela, comezando por ver unha película, un documental ou lendo un libro para sensibilizarnos con esta temática e ver como actuar diante desta situación.
Recomendounos comezar visionando dous vídeos, o primeiro moi didáctico e directo sobre as diferentes categorías na diversidade sexual e de xénero
e outro sobre as vivencias nunha familia que ten que abordar esta nova situación.
Podemos atopar outros vídeos en Youtube:
– Begoña Román. É profesora na Facultade de Filosofía da Universidade de Barcelona e presidenta do Comité de Ética de Servicios Sociales de Cataluña.
– Lucas Platero. É profesor de Psicoloxía social na Universidade Autónoma de Barcelona e activista LGTBIQ+.
– Amets Suess. É un activista pola despatoloxización trans a nivel internacional e traballa na Escuela Andaluza de Salud Pública.
– Dibujando el género. Son catro vídeos baseados no libro do mesmo título de María Vidal y Gerard Coll-Planas. Son vídeos moi sinxelos para persoas de todas as idades e poden visionarse en castelá, catalán e inglés.
Tamén nos falou de películas como: La chica danesa; Tomboy; Boys don´t cry; Una mujer fantástica…
– Un libro interesante de Adela Cortina : Para que te sirve realmente la Ética.
– O libro de Chis Oliveira e Amada Traba: Ám@me. Pensar o amor no século XXI; hai edición en castelán: Amarte. Pensar el amor en el siglo XXI. Moi recomendable para calquera!!!!
– O libro de Lucas Platero: Transexualidades, ten un glosario ao final, moi escrarecedor dos termos, e tamén unha chea de recursos (libros, películas, documentais…); tamén trae ferramentas para traballar desde o ámbito educativo.
Outros libros : 22 segundos (Eva Mejuto); Fóra do normal (María Reimóndez); A la conquista del cuerpo equivocado (Miquel Misse); La chica danesa (David Ebershoff); Buscando el final del arco iris (Fiona Yoy, May Friedman, eds); Llamadme Nathan, novela gráfica,(Catherine Castro e Quentin Zution).
Tamén podemos consultar a Guía de Atención a menores con diversidad de género, da Consejería de Asuntos Sociales da Comunidade de Madrid, que axuda a abrir a mirada sobre o tema e inclúe ao final algúns recursos.
E podemos botar unha ollada a un dos protocolos sanitarios, Atención Sanitaria a personas transexuales en la infancia y adolescencia da Consejería de Salud da Junta de Andalucía, que é dos máis avanzados.
E moi recomendable ler o artigo publicado na revista Anales de Pediatría por Inés del Rio e outras, no que se intenta que a diversidade de xénero se vexa como unha riqueza humana. (Ler artigo…)
Vai tamén o noso Protocolo de identidade de xénero da Xunta de Galicia do ano 2016.
Para rematar, oxalá vos animedes a “Re-debuxar o xénero” para facer un mundo mellor para todas as persoas, libre de exclusións, sempre inxustas!