O 20 de maio é o día mundial da abellas para crear conciencia sobre a importancia dos insectos polinizadores, as ameazas ás que se enfrontan e a súa contribución á sostibilidade.
Nese día non podemos esquecer a Eva Crane. Unha física nuclear que cambiou o seu interese científico ao recibir como agasallo de vodas unha colmea. Converteuse na maior eminencia mundial en apicultura.
Viaxou para investigar a diferentes países, foi unha gran divulgadora que ensinou principios de apicultura a gobernos, ONGs, apicultoras e apicultores ao longo de todo o planeta.
Realizou estudos sobre o comportamento das abellas e a síntese do mel ademais de estudos no ámbito da historia e a arqueoloxía da apicultura. Recolleu, fotografou e catalogou máis de 2000 obxectos e útiles de apicultura recollidos por todo o planeta