O 21 de xuño é o día internacional da música.
Un día fabuloso para lembrar a moitas mulleres que achegaron á música o seu talento e que estiveron invisibilizadas:
Hildegarda de Bingen
Compuxo 78 obras: 43 antífonas, 18 responsorios, 4 himnos ou 7 secuencias entre outras pezas
Barbara Strozzi
Gran compositora do Barroco. Escribiu arias, cantatas dramáticas, madrigais e dúos. Publicou oito volumes de obras.
Fanny Mendelsohn
Fanny escribiu máis de 460 pezas de música, a maioría para piano. Inda que o seu home a apoiaba case non publicou, o seu pai e o seu irmán crían que unha muller non debía publicar música.
Lily Boulanger
A súa paixón foi a composición, pero tocaba varios instrumentos como o violín, a harpa eo órgano.
Florence Beatrice Price
Foi a 1ª compositora afroamericana en ser recoñecida como compositora sinfónica e a primeira en ter unha peza interpretada por unha orquestra. Escribíu catro sinfonías.
Mirga Grazinyte-Tyla
É unha das directoras de orquestra máis novas e con máis talento do mundo. É a directora da orquesta da prestixiosa compañía austríaca do Salzburger Landestheater e tamén dirixe a Orquestra Sinfónica da Cidade de Birminham.
Inma Shara
Inma Shara é o nome artístico de Inmaculada Concepción Lucía Saratxaga, directora de orquestra española procedente de Amurrio, Álava. En 2008 converteuse na 1ª muller en dirixir un concerto no Vaticano, durante a celebración do 60º aniversario da Declaración Universal dos Dereitos Humanos.