Datas e datos para lembrar…en pé de igualdade… e non esquecer o resto do ano

Estándar

É unha publicacción dirixida especialmente ao profesorado de ensino secundario, editado pola Concellería de Igualdade de Vigo no ano 2011, dentro das actuacións recollidas no IV Plan municipal de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes de Vigo (2009-2012). Foi elaborada por tres docentes expertas en coeducación: Chis Oliveira, Luisa Abad e Esther Mato.

É un atractivo e completo manual con perspectiva de xénero, de total actualidade, sobre as distintas conmemoracións escolares oficiais que se celebran ao longo do curso escolar nos centros:

  1. Día da Paz (30 de xaneiro)
  2. Día das Mulleres (8 de marzo)
  3. Día do Consumo Responsable (15 de marzo)
  4. Día Mundial da Saúde (7 de abril)
  5. Día do Libro (23 de abril)
  6. Día da Libertade de Prensa (3 de maio)
  7. Día de Europa (9 de maio)
  8. Día das Letras Galegas (17 de maio)
  9. Día do Medio Ambiente (5 de xuño)
  10. Día contra a Violencia de Xénero (25 de novembro)
  11. Día da Constitución e do Estatuto Galego (6 de decembro)
  12. Día dos Dereitos Humanos (10 de decembro)

O material consiste nun libro impreso e o sitio web no que están subidos todos os contidos así como múltiples e variados recursos multimedia: vídeos, contos, documentos, música etc.

Trátase de fomentar a igualdade todos los días do ano e ante calquera celebración, porque educar en igualdade é a mellor prevención para a violencia de xénero e para garantir unha convivencia baseada en valores solidarios e democráticos.

Acceso á web Datas e datos…en pé de igualdade… e non esquecer o resto do ano

Premer en “Ir ao inicio de datas e datos” e teredes acceso a todo este interesante material.

Os comentarios están pechados.