Bravxs. Caretas e biografías de mulleres científicas

Estándar

A través destas caretas ilustradas por Marta Riera, ex-profesora da Facultade de Belas Artes, a Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo pretende darlles visibilidade a mulleres científicas, investigadoras e inventoras con traxectorias vitais paradigmáticas nas que se observan trazas de inxustiza e discriminación no ámbito da ciencia (o chamado «efecto Matilda»), pese á importancia e á relevancia das súas achegas e descubrimentos.

Lynn Petra Alexander, primeira doutora honoris causa da Universidade de Vigo; Ángela Ruiz Robles, profesora ferrolá e deseñadora do primeiro prototipo de libro electrónico; Ada Lovelace, inventora da linguaxe de programación; Jane Goodall, primatóloga que revolucionou esta disciplina grazas ás súas observacións e análises; Hedy Lamarr, inventora da wifi; Jocelyn Bell, descubridora dos pulsares ou Rosalind Franklin, clave no descubrimento do ADN, son algunhas destas destacadas e fantásticas mulleres científicas e investigadoras.

Marta Riera autora das caretas

Podes descargar o pfd para imprimir as caretas premendo aquí .

Os comentarios están pechados.