Desde o Ateneo Atlántico chéganos este vídeo realizado para dar a coñecer a situación das mulleres neste 8 M do 2021, marcado pola pandemia do Covid 19.
Datos: o 84% do persoal sanitario son mulleres, nos supermercados o 84% son mulleres tamén, no sector da limpeza o 93% son mulleres, das persoas que nos atenden nas farmacias o 72% son mulleres…
8 de cada 10 fogares son monoparentais en mans de mulleres e as 3/4 partes do traballo non remunerado dos coidados está realizado por mulleres.
Neste ano da pandemia aumentou a violencia de xénero contra as mulleres e as diferentes formas de prostitución.
A Sociedade Galega de Sexoloxía SoGaSex realizou para este 8 M do 2021 un brevísimo manifesto visual e sonoro, feito con moita delicadeza e cunha mensaxe moi clara: Diversidade, Liberdade e Igualdade
A Confederación Intersindical Galega CIG, unha das organizacións convocantes da folga de mulleres do 8 M, explica neste vídeo as razóns desta xornada reivindicativa e cales deberían ser as alternativas necesarias para poñer fin ás inxustas discriminacións que sufrimos as mulleres no eido laboral.