“150 canciones para trabajar la prevención de la violencia de género en el marco educativo” é un libro de Ana Llorens Mellado publicado polo Concello de Valencia.
Esta proposta didáctica presenta unha serie de recursos e materiais relacionados coa utilización das cancións como ferramentas didácticas para traballar na aula a Igualdade e a violencia de xénero. No pdf aparecen as ligazóns ao vídeo ou audio de cada unha delas.
As cancións, que van dende o ano 1963 ata a actualidade, amosan as preferencias musicais da xuventude segundo un estudo realizado polo INJUVE (Instituto de la Juventud de España).
Esta selección, dirixida ao profesorado de todas as etapas educativas e que pode adaptarse ao gusto musical do alumnado, consta de 150 cancións nas que mulleres e homes, que utilizan algunha das linguas oficiais faladas no territorio español, visibilizan e reproducen os estereotipos sexistas, a desigualdade que padecen as mulleres, a violencia de xénero… O obxectivo é coñecer as alternativas para sair destes procesos de dependencia e dor.
Neste enlace poderedes atopar o material