Guía para as familias: as primeiras aprendizaxes

Estándar

A Deputación de Pontevedra e a Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG) en decembro de 2020 fixeron pública a guía “A familia, núcleo das primeiras aprendizaxes“, unha publicación en galego que pretende axudar a que as nais e pais poidan coñecer as súas aptitudes, melloralas e adquirir estratexias que lles faciliten a prestación da axuda necesaria e eficaz na educación dos seus fillos e fillas.

Consta de varios artigos escritos por diferentes autoras e autores, referentes no mundo do ensino e nos temas de igualdade e coeducación. A relación é a seguinte:

  • A motivación como eixo fundamental da aprendizaxe. Ana Pérez, ensinante.
  • Educar en positivo: cando a disciplina emerxe desde o afecto. Xesús Fortes, ensinante.
  • Facendo lectores e lectoras desde a casa. Lorena Maceiras, bibliotecaria.
  • Educación Emocional e Xestión de conflitos. Carmen Loureiro, ensinante.
  • Internet e menores. Jorge Castro, bibliotecario, experto en redes.
  • Educación afectivo sexual dentro da familia. Luisa Abad, orientadora.

A ligazón para obter a guía é esta: Guía_Familias

Os comentarios están pechados.