Trátase dun libro de aventuras cunha protagonista feminina, de Juan Gómez-Jurado e Bárbara Montes.
Juan Gómez-Jurado (Madrid, 1977) é xornalista e autor de varias novelas de gran éxito, traducidas a coarenta linguas.
Bárbara Montes é psicóloga infantil e lectora empedernida.
Esta colección de aventuras repletas de misterio, acción trepidante e cun ritmo frenético, está pensada para nenas e nenos a partir de nove anos.
Este primeiro libro, Una herencia peligrosa, inicia unha trama na que a súa protagonista, Amanda Black, terá que arriscarse a coñecer cousas do seu pasado para poder enfrentar un futuro do máis incerto. Orfa dende que ten poucos meses de vida e cunha vida que dista moito de ser cómoda, recibirá unha carta que lle abrirá a porta da Mansión Black e axiña darase conta de que non só será unha casa…
Despois desta primeira entrega, haberá outras dúas nos meses de xuño e novembro, Amanda Black 2, el amuleto perdido e ….