Contos de científicas esquecidas

Estándar

Hoxe remata a exposición “Científicas olvidadas jamás contadas“, inaugurada o 23 de abril na “Casa de las Ciencias” de Logroño, que pretendía visibilizar, a través de trece contos populares, as aportacións de sete científicas e seis inventoras para modificar estereotipos. A comisaria da mostra foi Rosana Largo.

A exposición está divida en tres apartados:

Científicas:

“Alicia en el País de las Maravillas” relacionado con Hipatia de Alexandría.

“Pulgarcita” coa entomóloga María Sibylla.

“Ricitos de oro” coa astrofísica Henrietta Swan.

“Caperucita roja” está vinculado á física Marie Curie.

“La princesa y el guisante” á xenetista Ruth Sager.

“Blancanieves” á bióloga molecular María Blasco.

Inventoras:

“La sirenita” conectado co telescopio submarino de Sarah Mather.

“Cenicienta” co lavalouzas de Josephine Cochrane.

“La bella y la bestia” coa tecnoloxía alimentaria e o sistema de envasado ao vacío de Amanda Jones.

“La casita de chocolate”, que se relaciona coas cookies de Ruth Wakefield.

“El mago de Oz”, co GPS de Hedy Lamarr.

“La lechera”, coa máquina transportadora de leite de Fermina Orduña.

Calculadoras de estrelas:

“El principito”: fai referencia ao protagonismo das mulleres astrónomas do século XIX, que son coñecidas como “Computadoras de Harvard“.

Máis información en:

20 minutos

Diario.es

El balcón de Mateo

Fotos

Vídeo

Os comentarios están pechados.