Luz Morales, a tradutora de “Peter Pan”

Estándar

En 1925 a periodista galega Luz Morales Godoy (A Coruña 1889-Barcelona 1980), foi contratada pola Paramount para traducir ao castelá a obra teatral “Peter Pan”.

Destacou por ser a primeira muller española (galega) en dirixir un periódico, La Vanguardia, durante a guerra civi española, aínda que tamén xa era a directora da revista “El hogar y la moda” (precursora de “Lecturas“) .

Pero os seus propios escritos tiña que asinalos baixo un seudónimo masculino, entre eles o do personaxe galdosiano Felipe Centeno, elixido para a súa sección semanal “Vida cinematográfica” en La Vanguardia. “Centeno” chamou a atención do xerente de Paramount Pictures en España, que quedou moi sorprendido cando, na reunión na redacción de La Vanguardia advertiu que “Centeno” era unha muller. A productora contratou a Morales como asesora literaria da compañía de todas formas. Coa chegada do cine sonoro, Luz Morales será tamén a encargada de adaptar os diálogos ao castelá.

Paralelamente ao seu labor periodístico, María Luz cultivou a literatura infantil, e as súas adaptacións das “Obras maestras al alcance de los niños” (Homero, Dante, Shakespeare, Goethe, Cervantes, Lope de Vega  ), publicadas pola editorial Araluce, que ela dirixía, foron declaradas por real orde de utilidade pública. Algunhas das súas obras pedagóxicas convertíronse en libros de texto en países hispanoamericanos.

Pódese descargar un pdf de actividades e a UD sobre Luz Morales realizado pola Axenda da Cultura Galega no apartado “Aprende coas mulleres galegas“, nesta ligazón Luz Morales

Pódese completar a información en El Español.

Os comentarios están pechados.