As outras “Fumiko”. Mulleres escurecidas

Estándar
Tiempo Reflejado

Recentemente ven de producirse a sentenza da demanda de Fumiko Negishi contra o graffiteiro licenciado en Belas Artes Antonio de Felipe. A Audiencia Nacional de Madrid recoñeceu por fin a coautoría de Fumiko en máis de 200 obras asinadas por el.

Mais Fumiko non é a primeira nin será a última muller que sofre o machismo, que ten que soportar que os homes se apropien das súas obras. Así podemos lembrar a varias mulleres cuxas producións foron atribuidas a homes, xa sexan pais, maridos, irmáns ou outros que simulaban o seu inxenio a través das obras das súas esposas, fillas, irmás, amantes ou mulleres.

Entre elas salientar estas artistas:

Lemon butterflyfish spotted

Margaret Keane: a pintora dos “Ollos Grandes

Camille Claudel: a escultora “musa” de Rodin

Sofonisba Anguissola: retrata ao seu maestro pintándoa

María Lejárraga: a escritora “na sombra

Alice Guy: a primeira directora de ficción

Zelda Fitzgerald: a escritora que “colaborou” co seu home

Gerda Taro: a fotógrafa que asinaba como Robert Capa

Gabrielle Munter:fagocitada” por Kandinsky

E estas científicas:

Ada Lovelace, “nai da primeira” computadora, Rosalyn Franklin que fotografiou o ADN, Marthe Gautier, codescubridora da trisomía 21, ou Esther Lederberg “a xenia do laboratorio

Outras moitas mulleres ao longo da historia non foron suplantadas por homes pero si tiveron que publicar con pseudónimos masculinos para non ver a súa obra censurada ou non recibir un trato inxusto pola sociedade, e todo por ser muller…  Así as irrmás Brontë, Cecilia Bölh de Faber (Fernán Caballero), Mary Ann Evans (George Eliot) o Violet Paget (Vernon Lee). Outras foron silenciadas ou infravaloradas durante moito tempo como Mary Shelley, autora de Frankenstein, Zenobia Camprubí, a traductora das obras de Rabindranath Tagore, Natalia Sedova, escritora y revolucionaria rusa, segunda esposa de Leon Trostki ou manipuladas como é o caso de Rosalía de Castro e a falsa imaxe que dela difundiu interesadamente durante moito tempo o seu home Manuel Murguía.

Os comentarios están pechados.