Sexismo e roupa deportiva

Estándar

Estes xogos olímpicos tiveron moitos aspectos importantes para reflexionar ademais das marcas e medallas.

Un deses aspectos foi que as desportistas quixeron poñer de manifesto e visibilizar as diferenzas nos vestiarios deportivos que deben usar.

As roupas deportivas masculinas e femininas son totalmente diferentes. Nalgúns casos as prendas femininas son incómodas e inadecuadas para a práctica do deporte.

No caso do voleibol, balón volea, por exemplo, mesmo se indicaban as medidas da parte inferior do traxe deportivo feminino (non así do masculino). Poderíanse enumerar outras especialidades deportivas: atletismo, ximnasia,…

EL INTOLERABLE SEXISMO EN LA ROPA DEPORTIVA - Digital Faro Canarias
Santo Domingo Corre - Santo Domingo Corre
Estados Unidos pierde a Simone Biles junto a su reinado en Gimnasia - AS.com

Poderiamos traballar co alumnado as imaxes que aparecen nos medios, reparar nas roupas e comparar as das mulleres e as dos homes da mesma especialidade. Tirar conclusións.

Podería ser interesante a lectura deste artigo.

Os comentarios están pechados.