Creadoras da Historia da Música

Estándar

En 2020 Sakira Ventura Quintana, flautista e musicóloga, elaborou o mapa interactivo “Creadoras de la Historia de la Música“, unha antoloxía cartográfica de compositoras repartidas por todo o mundo e enmarcadas dende o século IX ata o ano 2005.

A súa finalidade é visibilizar ás mulleres creadoras de música e poñer en valor a súa obra.

Entrando nesta ligazón de spotify pódese escoitar a música de máis de 450 cancións ao longo de 24 horas de duración. Consiste nunha recompilación por orde cronolóxica de obras de mulleres creadoras na Historia da Música. Segundo Sakira Ventura, non están todas as que deberían pero espera que algún día o estean.

O mapa interactivo para recuperar ás compositoras ignoradas na historia recompila os perfís e obras, por orde alfabética, de máis de 500 mulleres.”Hai miles que non aparecen nos libros, que non se tocan nos concertos“, expresa a autora desta iniciativa.
O proxecto abarca dende Kassia, compositora nada en Constantinopla en torno ao 810, ata a máis xoven, Alma Deutscher, nada en 2005, compositora, violinista e pianista, pasando por Alicia Morote, compositora, arreglista e orquestadora murciana.

Entre as galegas aporta datos de Pilar Castillo, pianista e compositora de principios do século XX, Eugenia Osterberger, que participou en diversas iniciativas de dignificación da cultura galega, e Sofía Oriana Infante que compuso a música da película “Elisa e Marcela“.

Os comentarios están pechados.