Diferente percepción da violencia de xénero entre mozas e mozos

Estándar

Esta é unha das conclusións que nos achega o informe “Barómetro Juventud y Género». Identidades, representaciones y experiencias en una realidad social compleja”, unha investigación do Centro Reina Sofía sobre Adolescencia y Juventud de Fad, realizada a través de 1.200 entrevistas a xoves entre 15 e 29 anos.

O “Barómetro Juventud y género” analiza a percepción de adolescentes e xoves sobre as desigualdades de xénero, as identidades, as experiencias afectivas, a violencia de xénero e as relacións de parella e familiares.

En los últimos cuatro años se han producido grandes avances respecto a las visiones tradicionales de género y la lucha por la igualdad entre la juventud española, aunque son cambios que se han producido de manera desigual entre las chicas y los chicos. De hecho, desde 2017 hasta 2021, el porcentaje de mujeres que se consideran feministas ha pasado del 46,1% al 67,1% y el porcentaje de hombres ha pasado del 23,6% al 32,8%. Sin embargo, aún siguen existiendo muchos retos al respecto ya que el porcentaje de hombres feministas se viene reduciendo desde 2019″.

  • Un 20% dos mozos negan que a violencia de xénero exista hoxe en día, cren que é “un invento ideolóxico”. En 2019, esta porcentaxe era do 12%
  • Máis de 7 de cada 10 mulleres considera que as desigualdades de xénero son elevadas en España, frente a só 4 de cada 10 homes. Ademais, é preocupante que 1 de cada 10 mozos considere que as desigualdades de xénero non existen.
  • Un 18,1% dos homes recoñece que é normal mirar o móbil da parella, frente ao 12,7% das mozas. 3 de cada 10 mozos aproximadamente consideran que unha parella necesariamente limita a túa liberdade e normalizan a presenza dos ciumes como “proba de amor” (28% entre eles, 15% entre elas). 

Para poder acceder a esta interesante información premede no título do estudo Barómetro Juventud y Género

Os comentarios están pechados.