Na web Mujeres con ciencia, que da a coñecer o labor das mulleres adicadas á ciencia e a tecnoloxía, nun artigo do mes de outubro presenta o proxecto Mujeres Canarias con-ciencia.
Este proxecto foi realizado pola experta en coeducación e profesora de ensinanza secundaria Mercedes Sánchez Vico. Consta dun calendario no que cada mes (de setembro de 2021 ata agosto de 2022) se dedica a unha científica canaria; ademáis, se destacan algúns días relacionados cos logros ou as reivindicacións das mulleres en relación ca ciencia.
Tamén se publicaron dúas guías didácticas coeducativas, unha para Primaria e outra para Secundaria, Ciclos formativos e Escola de Persoas Adultas. Estas publicacións inclúen detalles sobre os logros das doce científicas homenaxeadas, e a explicación e a proposta de actividades para traballar distintos conceptos relacionados coa coeducación.
As doce científicas canarias protagonistas deste proxecto coeducativo son:
- a astrofísica Adriana de Lorenzo Cáceres,
- a química Verónica Pino Estévez,
- a matemática Edith Padrón Fernández,
- a otorrinolaringóloga Carlota de la Quintana,
- a bióloga Carolina Martínez Pulido (a máis veterana colaboradora de Mujeres con ciencia),
- a astrofísica Nayra Rodríguez Eugenio,
- a matemática Jezabel Curbelo Hernández,
- a inxenieira industrial Mary Barreto Cabrera,
- a bióloga marina Natacha Aguilar de Soto,
- a oceanógrafa Sarah Montesdeoca Esponda,
- a astrofísica Alicia López Oramas, y
- a astrofísica Julia de León Cruz.
Pódense descargar o calendario e as guías, de primaria e de secundaria.