Día da Nena 2021: “A xeneración dixital é a nosa xeneración”

Estándar

O 11 de outubro de cada ano, celebrase en moitos países o Día Internacional da Nena, unha data que busca o empoderamento das nenas do mundo.

A orixe desta celebración é unha resolución da Organización das Nacións Unidas (ONU), a resolución 66/179 establecida o 19 de decembro de 2011, na que se decide que a conmemoración se celebrará a partir de 2012 o 11 de outubro de cada ano, e que tivo lugar no marco do Obxectivo número 5 da Axenda para o Desenvolvemento Sostible da ONU, a cal busca “lograr a igualdade entre os xéneros e empoderar a todas as mulleres e as nenas“.

Pero xa en 1995, na Conferencia Mundial sobre a Muller en Beijing, os países adoptaron por unanimidade a Declaración e Plataforma de Acción de Beijing – o plan máis progresista xamás realizado para promover os dereitos non só das mulleres senón tamén das nenas. Esta Declaración é a primeira na que se fala específicamente dos dereitos das nenas.

Actualmente, a Axenda 2030 para o Desenvolvemento Sostible e os seus 17 Obxectivos (ODS) adoptados polos líderes mundiais en 2015, incorporan unha folla de ruta para que o progreso sexa sostible e non deixe a ninguén atrás. Lograr a igualdade de xénero e o empoderamento da muller é parte integral de cada un dos 17 obxectivos.

Con este día internacional “querese fomentar cada ano o recoñecemento dos dereitos das nenas e dar a coñecer á opinión pública os problemas excepcionais que estas afrontan en todo o mundo“, así como promover o seu empoderamento e o cumprimento dos seus dereitos humanos.

Cada ano proponse un tema específico. En 2021 o lema é “A xeneración dixital, a nosa xeneración“.

ONU-Mulleres dínos que a revolución dixital debería levarse adiante en condicións de igualdade. E propón neste Día Internacional da Nena, unirse nas redes sociais para pedir polo acceso dixital das nenas e a súa inclusión a través da tecnoloxía e a innovación. Pódese entrar ao seu paquete de redes sociais en Trello e Dropbox (dispoñible en varios idiomas), onde se atopan tarxetas motivadoras, actividades, animacións, pegatinas, videos e historias. Para participar utilizar estas etiquetas: #DayoftheGirl #GenerationEquality (inglés); #DíaDeLaNiña #GeneraciónIgualdad (español); #JournéeDeLaFille #GénérationÉgalité (francés).

Outros lemas ou temas específicos de anos anteriores están recollidos en wikipedia:

AnoTema
2021“A xeneración dixital. A nosa xeneración”
2020“A miñai voz, o noso futuro en común”
2019“GirlForce: Unscripted and unstoppable”
2018“Con elas: unha xeneración de nenas preparadas”
2017“Empoderar ás nenas: antes e despois das crises”
2016«Progreso das nenas = progreso dos obxectivos: Datos sobre a situación mundial das nenas»
2015«O poder das adolescentes: a visión para o 2030»
2014«Empoderar ás adolescentes: poñer fin ao ciclo da violencia»
2013«Innovar para a educación das nenas».
2012«Poñer fin ao matrimonio na infancia».

Os comentarios están pechados.