“A influencia do imaxinario sexual pornográfico”. As consecuencias na mocidade

Estándar

Cerca xa dun próximo 25 N pode ser moi conveniente reflexionar e analizar entre nós, como docentes e como familias con adolescentes, sobre as consecuencias negativas que está a causar o consumo masivo de pornografía entre a mocidade.

O modelo a seguir nas relacións sexuais está sendo o de promover formas violentas, machistas e polo tanto de humillación e cosificación das mulleres.

Outras formas de achegarse ao pracer sexual con empatía, igualitarias e tendo en conta os sentimentos e os afectos é posible. Diso trata este artigo das profesoras Amada Traba e Chis Oliveira, coeducadoras e expertas en Educación sentimental, publicado no Nº 230 da revista GRIAL.

Podedes descargar este artigo premendo aquí

Os comentarios están pechados.