Para acadar un desenvolvemento mundial adecuado a ciencia e a tecnoloxía son moi importantes. A participación das mulleres é imprescindible, convén facer esforzos para promover esa participación e para eliminar os obstáculos que lles impidan desenvolverse nese campo. Lograr a participación plena e en igualdade das mulleres require dun esforzo común. Hai moitas accións que podemos facer dende as aulas:
- Visibilizar as achegas das mulleres na ciencia e na tecnoloxía
- Rachar cos estereotipos de xénero que obstaculizan su participación en STEM
- Contribuír á elección destas áreas como carreiras profesionais
- Identificar os factores que disuaden ás mulleres de seguir carreiras STEM e realizar programas encamiñados a eliminalos
Hai moitos recursos para poñer en marcha esas accións. Deixamos aquí algúns e unhas propostas de tarefas:

CONTO E IDEAS PARA DESENVOLVER NA AULA



- Elaborar liñas biográficas coas biografías de diversas científicas e agrupalas por ámbitos segundo as súas achegas. Podemos partir de lecturas en hipertextos, vídeos, cómics…
- Deseñar e gravar vídeos curtos coas biografía
- Facer exposicións
- Elaborar un álbum de científicas
- Preparar exposicións orais apoiadas en presentacións dixitais
- Realizar experiencias diversas baseadas nos descubrimentos de científicas.