Desde o ano 1994 en que se publicou por primeira vez este libro, agora esgotado, foi un verdadeiro manual nas mans de todxs xs docentes que nos aventurábamos na formación dxs adolescentes nesta materia da sexualidade. Un libro de referencia imprescindible en todas as bibliotecas e Departamentos de Orientación dos centros educativos.
A súa autora, a catedrática de Filosofía Mercedes Oliveira “Chis”, escribíu este libro para a asignatura de Ética en 4º da ESO, pero pode ser empregado noutos cursos e desde outras materias e mesmo a Titoría. Os temas tratados son: Sexo-Xénero. A Sexualidade. A Elección sexual. Violencia sexual. Os Afectos. O Amor. Sexo e mercadoría. En todos os apartados presenta diferentes propostas de actividades moi axeitadas para o alumnado.
Como xa está esgotado, poñémolo á vosa disposición neste blog, unha vez escaneado o exemplar da Biblioteca do IES A Xunqueira I de Pontevedra, para que siga a ser unha boa ferramenta no camiño dunha educación sexual pracenteira e igualitaria.
O interese despertado por esta publicación fixo que que outra profesora e escritora feminista como Mª Xosé Queizán escribira daquela un comentario moi positivo e moi acertado na Gúía cultural de Vigo Urbans, que podedes ler a continuación.



Pódedes descargar o libro Eros: Materiais para pensar o amor aquí