Author Archives: educandoenigualdade

Charla no CIFP A Xunqueira ao alumnado do Ciclo Formativo de Promoción de Igualdade de Xénero

Estándar

Lola Varela e Elena Antelo

O pasado día 19 de novembro foi invitada a dar unha conferencia no Ciclo superior de FP Promoción de Igualdade de xénero, no CIFP de Pontevedra A Xunqueira, a profesora Lola Varela que acudíu acompañada de Elena Antelo unha muller con explotacións no rural, sobre A muller no rural galego: situacións e perspectivas de mellora, xa que dentro da programación está o módulo de Participación social das mulleres. Con esta intervención pretendíase adaptar esta participación ao medio rural en Galicia.

IMG-20191119-WA0008

Expuseron as condicións de vida no rural e as diferentes formas de participación das mulleres (cooperativas, asociacións, sindicatos agrarios e grupos de desenvolvemento rural), para rematar nunhas conclusións que reflicten as necesidades para o empoderamento da muller no rural galego.

Déixovos aquí a presentación: A muller no rural galego

100 Mulleres Galegas e outros libros

Estándar

Presentamos aquí varios libros que visibilizan o traballo e a vida das mulleres ao longo dos tempos:

  1. 100 Mulleres Galegas“. 100 semblanzas necesarias no feminismo galego. Consello da Cultura Galega.
  2. Las maestras de la república“. Unidade didáctica  e actividades sobre o ensino na república. FETE-UGT.
  3. Nosoutras creamos mundo“. Breve e sinxela historia das mulleres a través de xogos. FETE-UGT.
  4. Un recorrido por la historia de las mujeres“. Mini guía práctica con actividades para actuar.  FETE-UGT.
  5. Historia de las mujeres I” e “Historia de las mujeres II“. O que mozas e mozos deben saber. FETE-UGT

A fenda de xénero no ensino toca fondo na Formación Profesional

Estándar

Neste artigo de Lola Varela, publicado no diario SERMOS o 18/11/2019, temos unha reflexión sobre a situación actual da Formación Profesional e a situación futura que nos agarda no eido das diferentes profesións. O artigo está cheo de datos que avalan a tese que sostén sobre a dominante masculina na FP e é moi interesante.

A FENDA DE XÉNERO NO ENSINO TOCA FONDO NA FORMACIÓN PROFESIONAL

Lola Varela

O ensino en xeral é unha actividade moi feminizada, desde sempre, polo número de docentes mulleres: o 71,9% no ensino non universitario e o 41,3%  na educación universitaria, o que da unha media do 65%. Mais tamén, porque nos últimos 20 anos houbo un  enorme aumento de mulleres matriculadas en todas as etapas educativas.

É un mundo maioritariamente de mulleres o do ensino, no que o 51,9 % das mulleres de entre 25 e 29 anos superan estudos superiores, fronte a un 41,9 % de homes; e onde o abandono escolar só se da nun 14% entre as mulleres, contra un 21,7 % de homes. Se isto é así, como podemos explicarnos logo a masculinización do mercado de traballo e os fortes índices de desemprego nas mulleres, con máis de 3 puntos de diferenza nas taxas de paro, mesmo en mulleres con estudos superiores?

Pero volvendo ao ensino, cada vez estudan máis mulleres e teñen mellores cualificacións, pero son moitas menos as que elixen as chamadas disciplinas CTIM (Ciencias, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemática). En estudos de Informática, son un 14,7%, en Enxeñaría, industria e construción, un 30,5%; pola contra, en estudos de Educación son un 80,1% e na rama da Saúde e servizos sociais, atopámonos cun 72,1%.

Se nos estudos universitarios está presente a fenda de xénero, na Formación Profesional é máis salientable aínda, xa que existen Ciclos formativos de Grao superior claramente feminizados como Imaxe persoal (94,3 %) ou Servizos socioculturais e á comunidade (87,3%); outros, están totalmente masculinizados como Mantemento de vehículos (2,8 %) e Electricidade ou Electrónica (4,9 %), mentres as mulleres están intentando abrirse paso moi de vagar en Informática (11,7 %) ou Edificación e Obra civil (31 %).

Este panorama, unido ás necesidades non cubertas de técnicos cualificados no sector industrial en Catalunya, así como pola pouca demanda nalgúns Ciclos, levou ao Departament d’ Educació do Govern da Generalitat a publicar estes días a Ordre EDU/185/2019, pola que, entre outras medidas, se bonificará o 50% da matrícula a aquelas mulleres que soliciten praza nestes Ciclos menos demandados e masculinizados, para elevar cando menos un 7% o número de matrículas, considerando asemade que é unha medida de acción positiva contra a discriminación de xénero nos estudos.

Independentemente de que poida ser considerada esta medida máis ou menos acaída á situación actual na Galiza, pensamos que debería estar inxerida nun Plano de Igualdade da Formación Profesional máis amplo, no que se realice unha fonda análise das causas que levan a escoller determinados estudos profesionais aos estudantes, e se teña moi en conta a tendencia maioritaria do sector industrial na contratación masculina, xa que isto vai influír moito nas expectativas de emprego dos e das xoves.

Ao cabo, este Plano de Igualdade da Formación Profesional debería ser elaborado por docentes e estudantes en conxunto e tería que poñer en cuestión todos os estereotipos de xénero que, desde a infancia e no ensino previo aos Ciclos formativos de FP, transmitimos e permitimos ao considerar que hai estudos, ocupacións e traballos máis masculinos ou máis femininos.

En Catalunya comezaron a propoñer alternativas a esta situación. No noso país, a situación é semellante e cabería ir creando os alicerces de Planos de Igualdade estratéxicos, onde os centros de ensino, os centros de traballo e o sector empresarial poidan propoñer medidas que vaian na mesma dirección, cara unha sociedade de persoas cos mesmos dereitos e oportunidades.

Observando a tendencia de matrícula dos últimos anos no Estado español, podemos chegar a deducir que a presenza das mulleres nas profesións consideradas máis masculinas non avanza moito, pero o retroceso da presenza de homes en especialidades vinculadas aos servizos e aos coidados aínda é peor, e por este rego mal avanzamos. Mentres os homes non asuman como unha actividade máis do ser humano o coidado dos e das demais, a discriminación seguirá a existir e, como xa sabemos, a desigualdade crea violencia.

No ano 1910 o Ministerio de Instrucción Pública, dirixido naquela altura polo Conde de Romanones, aprobaba unha Real Orden pola que se permitía a matriculación de alumnas en calquera centro docente. Foi dura a implantación desa Orde e puidemos chegar ao día de hoxe sen trabas legais nese eido, pero si con moitos atrancos sociais no imaxinario colectivo, que aínda reproduce moitos estereotipos de xénero contra os que compre loitar desde que os nenos e as nenas comezan a súa sociabilidade, empregando medidas e prácticas coeducativas que lles permitan medrar como persoas libres e iguais, máis alá dos xéneros.

NOTA: Todos os datos proceden de Igualdad en cifras MEFP. 2019

Podedes ver o orixinal no seguinte enlace

(Leer máis …)

Proposta de películas e vídeos

Estándar

O cine ten numerosas películas onde se pode ver a violencia de xénero. As aulas é un bo lugar para estudar estas películas e analizar as fases da violencia de xénero a fin de que o alumnado as recoñeza ao tempo que se sensibiliza ao xerar empatía coas vítimas.

  1. Te doy mis ojos” de Icíar Bollaín
  2. No” de Adrián Vereda
  3. El orden de las cosas” de Alenda Brothers
  4. Despierta” de Cristina Barón
  5. Solo mía” de Javier Balaguer.
  6. En tierra de hombres” de Niki Caro
  7. Acusados” de Jonathan Kaplan
  8. Contraseña” de Mireia Ros
  9. Física e Química“, serie de Antena 3.
  10. Sunshine – Don’t confuse love and abuse” da Asociación Day One
  11. Audrie y Daisy” de Bonni Cohen, Jon Shenk
  12. A domicilio” de Oleguer Baró
  13. Deámoslle voz” IES Isaac Díaz Pardo

A violencia sexual na vida cotiá: cancións e titulares que perpetúan a ‘cultura da violación’

Estándar

O diario dixital “Galicia Confidencial” publicou o pasado 12 de novembro de 2019 esta nova que recolle algunha das conclusións da III Xornadas sobre Violencia de Xénero organizadas polo Consello da Cultura Galega.

(Leer máis …)

Aumentan 20% os delitos sexuais entre adolescentes. Algo non funciona

Estándar

O pasado 28 de outubro de 2019 publicouse no diario SERMOS este artigo de Lola Varela  que aborda o inquietante problema do aumento dos delitos sexuais entre adolescentes. Como ben di a autora, é necesario tomar conciencia deste grave problema.

Aumentan un 20% os delitos sexuais entre adolescentes. Algo non funciona.

Lola Varela

Lía na prensa hai uns días que, neste último ano e segundo datos do Instituto Nacional de Estadística (INE), medraran os delitos sexuais un 6,6%  entre as persoas adultas e un 20,1%  entre os adolescentes. Este dato tería que darnos moito que pensar e analisar, como así me consta que xa o está a ser. A propia Fiscalía General del Estado alertaba na súa memoria de 2018 dun “moi inquietante aumento da violencia de xénero e sexual entre xoves e adolescentes”.  Se isto está a ocorrer ao noso arredor é porque algo non funciona ou deixou de funcionar.

Como docente, sei que hai ben anos que moitas/os de nós comezamos a traballar nas nosas aulas co alumnado na educación para a igualdade de mulleres e homes, como prevención da violencia de xénero, e na educación afectivo sexual para aprender a ser máis libres e máis felices na nosa sexualidade. Fomos a moitos congresos, xornadas e seminarios, organizamos grupos de traballo nos centros de ensino e asistimos a todas aquelas actividades que puideran contribuír a formarnos, para logo transladar toda esa aprendizaxe ao noso alumnado, transformar os centros de ensino con perspectiva de xénero e finalmente transmitir por escrito todo ese proceso en Planos de Igualdade que melloraran as relacións de convivencia e de equidade nas aulas.

Que mudou nos últimos anos para que a maioría dos alumnos e alumnas teñan como educación sexual a pornografía libre de internet, ou que non poucos estudantes rematen a ESO ou o Bacharelato cunha grande festa, onde se alugan unha ou varias prostitutas?. Como se pode permitir que unha pornografía a cada máis violenta e morbosa, promovida polo patriarcado imperante, cause graves problemas físicos e psíquicos aos rapaces e rapazas que viven o inicio da súa sexualidade?.

Docentes e familias temos moita responsabilidade nesta situación, porque información non é o mesmo que formación e hoxe os adolescentes acceden a todo tipo de informacións, pero sen ese sentido crítico nin esa escala de valores que debemos aportarlles os e as docentes e as familias. Pero tan responsables coma nós, entendo que son os gobernos tanto do Estado como da Xunta e as súas diferentes administracións, e non só por non aportar os medios precisos, senón porque non acreditan que estamos diante dun grave problema de saúde social.

Non abonda con que as diferentes Leis de Educación desde o ano 1985 (LODE, LOXSE, LOCE, LOE e LOMCE) inclúan entre os seus principios e os seus fins, a procura de igualdade entre mulleres e homes, que exista nos centros de ensino a figura de persoa responsable de coeducación e prevención de violencia de xénero, ou que nalgúns centros haxa un Plano de Igualdade, se non funcionan na práctica e non se lles da un papel relevante na educación do alumnado. Porque, para moita xente, estas medidas aínda non deixaron de ser “esas cousas das feministas”….

A sociedade en xeral debe reaccionar, pero comecemos co que temos máis próximo na vida cotiá, que son os nosos fillos e fillas e o alumnado desde que está escolarizado. Preparemos e formemos ao profesorado desde a Educación Infantil até a Universidade, volvamos a darlle vida ás Escolas de Nais e Pais e, sobre todo, falemos e transmitamos á mocidade todo aquilo polo que as anteriores xeracións loitamos e que ninguén nos contou.

Se non o facemos deste xeito, tamén seremos responsables de que algo non funcione.

Podedes ver o artigo no xornal SERMOS premendo neste enlace https://www.nosdiario.gal/opinion/lola-varela/aumentan-20-delitos-sexuais-adolescentes-algo-non-funciona/20191025140349085881.html

Actividades do Día Internacional da Muller no IE “Melchor de Jovellanos” Alhucemas (Marrocos)

Estándar

O IE “Melchor de Jovellanos” (Alhucemas – Marrocos) celebra un ano máis diversas actividades dirixidas ao alumnado das diferentes etapas que se imparten neste centro educativo dependente do Ministerio de Educación e Formación Profesional do Estado Español.

Para saber máis:

  1. Comezan as actividades do Día Internacional da Muller (8 de marzo)
  2. Concentración de alumnado e profesorado á hora do recreo con motivo del Día Internacional da Muller
  3. Conferencia: Homes e mulleres por unhas novas relacións de xénero nunha nova sociedade
  4. Celebración do día 8 de marzo, Día Internacional da Muller, no Instituto el Badissi
  5. Concluíron as actividades do Día Internacional da Muller

Proporcionando modelos

Estándar

As ciencias son para  as nenas e para os nenos. Podemos axudar a que comprendan en que consisten determinados traballos científicos cunha serie de 10 episodios. Cada un pode dar pé a coñecer diferentes campos das ciencias.

Epidemióloga

Matemática

Comunicadora científica

Enxeñeira biomédica

Investigadora clínica

Investigadora farmacéutica

Enxeñeira informática

Enxeñeira en robótica

Enxeñeira de tecidos

Enxeñeira textil

Documento: “Percepción social da violencia sexual”

Estándar

Achego documento para comprobar como moitas das actitudes coniventes coa violencia de xénero seguen vivas na nosa sociedade. Trátase dun estudo elaborado pola Delegación do Goberno para a Violencia de Xénero a partires dunha enquisa realizada en 2012 e 2013. Neste documento poderedes recuperar conclusións moi preocupantes para traballar nas vosas actividades con alumnado de ESO e Bacharelato.

(Ver documento …)