Category Archives: Suxestións

Documento: “Percepción social da violencia sexual”

Estándar

Achego documento para comprobar como moitas das actitudes coniventes coa violencia de xénero seguen vivas na nosa sociedade. Trátase dun estudo elaborado pola Delegación do Goberno para a Violencia de Xénero a partires dunha enquisa realizada en 2012 e 2013. Neste documento poderedes recuperar conclusións moi preocupantes para traballar nas vosas actividades con alumnado de ESO e Bacharelato.

(Ver documento …)

Preséntase o borrador da materia “Coeducación para o Século XXI” para 1ºBacharelato

Estándar

Achego enlace á páxina web da Consellería de Educación onde podemos encontrar información sobre a materia de libre configuración para 1ºBacharelato de 2 horas semanais sobre “Coeducación para o Século XXI”.

(Enlace para ler máis …)

Xornada Infancia e Adolescencia: unha Cara Oculta da Violencia de Xénero

Estándar

A Universidade de Vigo, o Concello de Pontevedra e a Deputación de Pontevedra organizan a Xornada “Infancia e Adolescencia: unha Cara Oculta da Violencia de Xénero” que se celebrará o vindeiro sábado, 26 de maio, no Pazo da Cultura de Pontevedra.

O prazo de inscrición remata o vindeiro 23 de maio de 2018.

Podedes atopar máis información no seguinte enderezo: https://www.depo.gal/escola-de-igualdade-maria-vinyals/xornada-infancia-e-adolescencia-unha-cara-oculta-da-violencia-de-xenero

“A igualdade no currículo e o seu traslado ás aulas”

Estándar

Enlace ao artigo sobre “A igualdade no currículo e o seu traslado ás aulas“.

O artigo analiza o tratamento da igualdade na normativa educativa, a súa
aplicación nas aulas e a influenza que tivo na sociedade. Faise unha proposta de como
traballar a igualdade e os valores necesarios para que o alumnado desenvolva actitudes
de respecto e convivencia que permitan ter unha sociedade na que a violencia de xénero
sexa erradicada e a igualdade de sexos sexa unha realidade. A proposta trata de
explicar como traballar na aula a igualdade respectando e aproveitando os requirimentos que fixa a normativa.