Category Archives: Uncategorized

Preséntase o borrador da materia “Coeducación para o Século XXI” para 1ºBacharelato

Estándar

Achego enlace á páxina web da Consellería de Educación onde podemos encontrar información sobre a materia de libre configuración para 1ºBacharelato de 2 horas semanais sobre “Coeducación para o Século XXI”.

(Enlace para ler máis …)

Xornada Infancia e Adolescencia: unha Cara Oculta da Violencia de Xénero

Estándar

A Universidade de Vigo, o Concello de Pontevedra e a Deputación de Pontevedra organizan a Xornada “Infancia e Adolescencia: unha Cara Oculta da Violencia de Xénero” que se celebrará o vindeiro sábado, 26 de maio, no Pazo da Cultura de Pontevedra.

O prazo de inscrición remata o vindeiro 23 de maio de 2018.

Podedes atopar máis información no seguinte enderezo: https://www.depo.gal/escola-de-igualdade-maria-vinyals/xornada-infancia-e-adolescencia-unha-cara-oculta-da-violencia-de-xenero

100 mulleres de peso!

Estándar
100 mulleres de peso!

Coñecedes a historia de Alfonsina Strada ou  a de Alicia Alonso? É doado perderse nas páxinas do libro Cuentos de Buenas noches para niñas rebeldes e ir descubrindo, aos poucos, a historia de mulleres valentes, de mulleres atrevidas e rompedoras, estudosas, traballadoras, de grandes mulleres. Malia o título Cuentos de noches … , é un libro moi interesante para lermos nas aulas de Primaria (ou mesmo de Secundaria) ben espertos, ben espertas!, cos ollos ben abertos, cos aídos atentos e moitas ganas de aprender.

Pioneiras

Estándar
Pioneiras

O libriño “Pioneiras” é un recurso estupendo para ler nas aulas de Primaria; unha historia cada vez. Axéitase especialmente para os cursos de 5º e 6º nivel que adican o terceiro trimestre ao estudo da Historia. As mulleres non sempre aparecen visibilizadas nos libros de Historia e introducir o papel destas mulleres na liña do tempo, resaltar a súa valía, poñelas en valor, pode resultar doado a través das vidas destas “pioneiras”. Dende  Exeria, na Idade Antiga, á primeira muller almirante na Idade Moderna, da primeira camioneira á primeira enfermeira en misión internacional van moitas historias de loita non sempre recoñecidas. Aí queda  todo un mundo por descubrir!

Feminismo ilustrado; ideas para combatir el machismo.

Estándar
Feminismo ilustrado; ideas para combatir el machismo.

Este podería ser un bo manual para actualizar os conceptos de feminismo, machismo, patriarcado, micromachismos, roles de xénero, empoderamento … Todo adobado cunhas ilustracións moi interesantes e relatado nunha linguaxe amena e doada de entender dende os últimos cursos de primaria ata a secundaria. Pero recomendable sobre todo para a formación do profesorado nesta terminoloxía que a veces aínda confunde a moitos.