Tag Archives: Brecha salarial

8 M. Unha reflexión sobre a situación laboral das mulleres

Estándar

“Máis mulleres con estudos ca homes. Máis homes con traballo ca mulleres”

Tedes a continuación varias presentacións elaboradas pola profesora Tareixa Casal do CIFP Carlos Oroza (Pontevedra) para que este 8 M sexa un día de reflexión co noso alumnado e poder afondar na situación laboral das mulleres na actualidade, abordando asuntos como: a fenda salarial, as horas de traballo non remuneradas, a segregación ocupacional, o chamado “teito de cristal”, ata o acoso laboral. Con suxerentes imaxes e unha gran aportación de datos, de seguro que será de bo proveito este traballo nas aulas.

E que mellor que para lembrar este 8 M agasallar ao alumnado cun marcapáxinas con frases feministas ditas por mulleres e homes de moita sona. Esta proposta foi realizada por Sonia Casal, profesora no IES Fontexería (Muros).

Marcapáxinas feministas

Vídeo

Descargar o vídeo: Eu son feminista

Acoso nas cociñas. Información significativa sobre a actual fenda salarial e as súas consecuencias, así como sobre a segregación ocupacional e a nosa escasa presenza en postos de responsabilidade.

Datos e portadas. Abordando o tema da conciliación laboral e familiar.

En que século conduces. A corresponsabilidade nas tarefas domésticas como un piar fundamental para a conciliación.

Homes facendo a merca. Algúns homes fan a compra pero non se responsabilizan das necesidades da casa nin de supervisar outras tarefas como citas médicas, a marcha no cole das crianzas, o coidado de persoas dependentes …

Mulleres estrelas Michelin. Unha boa mostra de mulleres de renome como chef de cociña. 22 mulleres estrelas Michelín e soles da guía Repsol

Dereitos humanos

Estándar

Cando se cumpren máis de 60 anos da aprobación dos Dereitos Humanos, cómpre lembrar que os artigos 1 e 2 da Declaración Universal dos mesmos indican que mulleres e varóns comparten os mesmos dereitos e liberdades.

Convén reflexionar co alumnado que a desigualdade entre homes e mulleres no mundo é inda unha triste realidade. Basta con traballar coas nenas e cos nenos algúns datos, por exemplo,

8M: Recetas para acabar con la brecha laboral entre hombres y mujeres |  Economía
España suspende de nuevo el examen de desigualdad laboral entre hombres y mujeres - desigualdad laboral entre hombres y mujeres 1
3 – El dato del mes – Innovamos

A fenda de xénero no ensino toca fondo na Formación Profesional

Estándar

Neste artigo de Lola Varela, publicado no diario SERMOS o 18/11/2019, temos unha reflexión sobre a situación actual da Formación Profesional e a situación futura que nos agarda no eido das diferentes profesións. O artigo está cheo de datos que avalan a tese que sostén sobre a dominante masculina na FP e é moi interesante.

A FENDA DE XÉNERO NO ENSINO TOCA FONDO NA FORMACIÓN PROFESIONAL

Lola Varela

O ensino en xeral é unha actividade moi feminizada, desde sempre, polo número de docentes mulleres: o 71,9% no ensino non universitario e o 41,3%  na educación universitaria, o que da unha media do 65%. Mais tamén, porque nos últimos 20 anos houbo un  enorme aumento de mulleres matriculadas en todas as etapas educativas.

É un mundo maioritariamente de mulleres o do ensino, no que o 51,9 % das mulleres de entre 25 e 29 anos superan estudos superiores, fronte a un 41,9 % de homes; e onde o abandono escolar só se da nun 14% entre as mulleres, contra un 21,7 % de homes. Se isto é así, como podemos explicarnos logo a masculinización do mercado de traballo e os fortes índices de desemprego nas mulleres, con máis de 3 puntos de diferenza nas taxas de paro, mesmo en mulleres con estudos superiores?

Pero volvendo ao ensino, cada vez estudan máis mulleres e teñen mellores cualificacións, pero son moitas menos as que elixen as chamadas disciplinas CTIM (Ciencias, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemática). En estudos de Informática, son un 14,7%, en Enxeñaría, industria e construción, un 30,5%; pola contra, en estudos de Educación son un 80,1% e na rama da Saúde e servizos sociais, atopámonos cun 72,1%.

Se nos estudos universitarios está presente a fenda de xénero, na Formación Profesional é máis salientable aínda, xa que existen Ciclos formativos de Grao superior claramente feminizados como Imaxe persoal (94,3 %) ou Servizos socioculturais e á comunidade (87,3%); outros, están totalmente masculinizados como Mantemento de vehículos (2,8 %) e Electricidade ou Electrónica (4,9 %), mentres as mulleres están intentando abrirse paso moi de vagar en Informática (11,7 %) ou Edificación e Obra civil (31 %).

Este panorama, unido ás necesidades non cubertas de técnicos cualificados no sector industrial en Catalunya, así como pola pouca demanda nalgúns Ciclos, levou ao Departament d’ Educació do Govern da Generalitat a publicar estes días a Ordre EDU/185/2019, pola que, entre outras medidas, se bonificará o 50% da matrícula a aquelas mulleres que soliciten praza nestes Ciclos menos demandados e masculinizados, para elevar cando menos un 7% o número de matrículas, considerando asemade que é unha medida de acción positiva contra a discriminación de xénero nos estudos.

Independentemente de que poida ser considerada esta medida máis ou menos acaída á situación actual na Galiza, pensamos que debería estar inxerida nun Plano de Igualdade da Formación Profesional máis amplo, no que se realice unha fonda análise das causas que levan a escoller determinados estudos profesionais aos estudantes, e se teña moi en conta a tendencia maioritaria do sector industrial na contratación masculina, xa que isto vai influír moito nas expectativas de emprego dos e das xoves.

Ao cabo, este Plano de Igualdade da Formación Profesional debería ser elaborado por docentes e estudantes en conxunto e tería que poñer en cuestión todos os estereotipos de xénero que, desde a infancia e no ensino previo aos Ciclos formativos de FP, transmitimos e permitimos ao considerar que hai estudos, ocupacións e traballos máis masculinos ou máis femininos.

En Catalunya comezaron a propoñer alternativas a esta situación. No noso país, a situación é semellante e cabería ir creando os alicerces de Planos de Igualdade estratéxicos, onde os centros de ensino, os centros de traballo e o sector empresarial poidan propoñer medidas que vaian na mesma dirección, cara unha sociedade de persoas cos mesmos dereitos e oportunidades.

Observando a tendencia de matrícula dos últimos anos no Estado español, podemos chegar a deducir que a presenza das mulleres nas profesións consideradas máis masculinas non avanza moito, pero o retroceso da presenza de homes en especialidades vinculadas aos servizos e aos coidados aínda é peor, e por este rego mal avanzamos. Mentres os homes non asuman como unha actividade máis do ser humano o coidado dos e das demais, a discriminación seguirá a existir e, como xa sabemos, a desigualdade crea violencia.

No ano 1910 o Ministerio de Instrucción Pública, dirixido naquela altura polo Conde de Romanones, aprobaba unha Real Orden pola que se permitía a matriculación de alumnas en calquera centro docente. Foi dura a implantación desa Orde e puidemos chegar ao día de hoxe sen trabas legais nese eido, pero si con moitos atrancos sociais no imaxinario colectivo, que aínda reproduce moitos estereotipos de xénero contra os que compre loitar desde que os nenos e as nenas comezan a súa sociabilidade, empregando medidas e prácticas coeducativas que lles permitan medrar como persoas libres e iguais, máis alá dos xéneros.

NOTA: Todos os datos proceden de Igualdad en cifras MEFP. 2019

Podedes ver o orixinal no seguinte enlace

(Leer máis …)

Documental para reflexionar sobre as desigualdades no traballo

Estándar

Este recurso forma parte dun proxecto  impulsado polo Lab de RTVE.es  e producido por Barret Films, busca ser un retrato colectivo coa participación das usuarias.

‘En la brecha‘, un webdoc sobre a desigualdade de xénero no traballo.

Para o 8 de marzo

Estándar

Unha actividade de interese é a de análise dos datos que se publican estes días e que indican como está a situación laboral na actualidade, permiten ao alumnado reflexionar sobre a desigualdade de xénero no traballo.

Podemos usar novas variadas, exemplo:

  • nova 3:  “Si es usted mujer, a partir de hoy y hasta 2019 trabajará ‘gratis'”
  • nova 4:  “¿Por qué las mujeres siguen conciliando más que los hombres?”
  • nova 5:  “Las mujeres ganan 5.793 euros menos al año de media que los hombres”

Para ler e comentar

Estándar

Moi preto do 8 de marzo, podemos revisar co alumnado algúns datos indicativos sobre a situación laboral da muller.

Podemos utilizar:

  1.  Leremos os artigos en equipo cooperativo
  2. Esquematizaremos o contido da noticia
  3. Compararemos os datos das tres noticias
  4. Tiraremos conclusións e faremos propostas para cambiar a situación.
  5. Inventaremos eslogans reinvindicativos
Artigo 1
Artigo 2
Artigo 3