Tag Archives: CIFP A Xunqueira

“Olladas disidentes” no CIFP A Xunqueira

Estándar
Eu son quen mira. Somos nós quen miramos e somos nós quen queremos abrazar a diversidade

O alumnado e profesorado do Ciclo Superior de Promoción de Igualdade de Xénero e o curso Promoción efectiva entre mulleres e homes do CIFP A Xunqueira presentaron o proxecto “Olladas Disidentes“.

O obxectivo desta exposición fotográfica é “observar máis alá do que se mira”. A través de fotomontaxes creadas e deseñadas de maneira cooperativa, pretende revelar “unha realidade que non nos representa, unha realidade estereotipada”, a fin de rachar con eses tips de xénero.

“A exposición amosa corpos non normativos para ver a reacción da xente e dá a volta aos roles convencionais”.

As imaxes desta mostra estarán expostas no patio exterior do centro ata finais de curso.

Para saber máis pódese premer nas seguintes ligazóns:

CIFP A Xunqueira, Diario de Pontevedra, Pontevedra Viva, Tentatoura e Twitter.

Coeducación e Plans de Igualdade

Estándar

O día 28 de febreiro o alumnado do Ciclo Superior de Promoción de Igualdade de Xénero do CIFP A Xunqueira de Pontevedra asistíu a unha charla da profesora recentemente xubilada e experta en coeducación Lola Varela, invitada pola profesora dese centro Luisa Fernanda Aris.

IMG-20200306-WA0032
Con esta intervención pretendíase transmitir ás futuras promotoras e aos futuros promotores de Igualdade a importancia da coeducación ou educación en igualdade desde o comezo das etapas educativas e como para facer efectiva esta aprendizaxe é preciso botar man de ferramentas como dotarse dun bo Plan de Igualdade no centro de ensino.

IMG-20200306-WA0039
A elaboración deste Plan de Igualdade trae aparellado un fondo análise do centro e do seu funcionamento, co obxectivo de mudar actitudes e comportamentos machistas así como de evitar estereotipos de xénero e discriminacións.

Para ter a información completa desta intervención podedes ver o power point que resume o tratado ese día, no seguinte enlace:

COEDUCACIÓN E IGUALDADE

 

Charla no CIFP A Xunqueira ao alumnado do Ciclo Formativo de Promoción de Igualdade de Xénero

Estándar

Lola Varela e Elena Antelo

O pasado día 19 de novembro foi invitada a dar unha conferencia no Ciclo superior de FP Promoción de Igualdade de xénero, no CIFP de Pontevedra A Xunqueira, a profesora Lola Varela que acudíu acompañada de Elena Antelo unha muller con explotacións no rural, sobre A muller no rural galego: situacións e perspectivas de mellora, xa que dentro da programación está o módulo de Participación social das mulleres. Con esta intervención pretendíase adaptar esta participación ao medio rural en Galicia.

IMG-20191119-WA0008

Expuseron as condicións de vida no rural e as diferentes formas de participación das mulleres (cooperativas, asociacións, sindicatos agrarios e grupos de desenvolvemento rural), para rematar nunhas conclusións que reflicten as necesidades para o empoderamento da muller no rural galego.

Déixovos aquí a presentación: A muller no rural galego

Memoria de mulleres 2016

Estándar

Ao longo do mes de maio desenvolvéronse no CIFP A Xunqueira dúas actividades que forman parte do programa “A memoria das mulleres” do Concello de Pontevedra.

Na semana do 9 ao 20, contamos no centro coa exposición “Do gris ao violeta”, composta por doce paneis que reflexan unha mostra da historia das mulleres de Pontevedra; mulleres de distintos perfís, profesións, condicións, pensamentos, etc.

O venres, 13 de maio, a xornalista e escritora Montse Fajardo visitou novamente o Centro para dar unha conferencia titulada “A represión das mulleres tras o golpe de estado do 36”. Ao igual que xa fixera coa presentación de “Matriarcas” conseguiu emocionarnos a través das testemuñas de mulleres represaliadas na comarca de Pontevedra, cuxas historias se recollen no seu novo libro “Un cesto de mazás”.

 

P1040079 - copia.JPG

Montse Fajardo no CIFP A Xunqueira

P1040081

Alumnado do CIFP atendendo a charla de Montse Fajardo sobre                                                             “A represión das mulleres tras o golpe de estado do 36”

P1040086

Montse Fajardo asinando un exemplar do seu último libro ” Unha cesta de mazás”

IMG_20160523_151608

IMG_20160519_120741IMG_20160523_151752IMG_20160519_120819

IMG_20160519_120724

Asemade o alumnado da familia profesional de Servizos Socioculturais e á Comunidade participou co alumnado dos 1º cursos dos ciclos de APSD, Integración Social e Educación Infantil nun “Roteiro” pola cidade de Pontevedra sobre as mulleres (nais, esposas, viuvas, orfas, irmás, amantes,…) que contribuiron de maneira máis ou menos visible a sobrelevar as consecuencias da guerra civil.

O roteiro foi guiado de forma amena e interesante pola profesora e exconcelleira Mª Xesús López Escudeiro

CAM00480

CAM00489

CAM00487

 

Comentario sobre o roteiro de 1º TAPSD

O alumnado de 1º APSD comenta a súa experiencia do “Roteiro”

25 de novembro no CIFP A Xunqueira (CSIS)

Estándar

CONMEMORACIÓN DO 25 DE novembro no CIFP A XUNQUEIRA. 2015.

Crónica elaborada por estudiantes do CS de Integración Social do CIFP A Xunqueira, de Pontevedra.

  1. Planificación da actividade.

A preparación da actividade sobre a violencia machista comezou na aula cun pequeno debate sobre as diversas opinións existentes entre os compañeiros/as. Nalgúns módulos tratamos o tema en profundidade, e tamén fixemos pequenos debates, o que axudou e nos permitiu aclarar as nosas ideas.

Unha das actividades que fixemos foi a análise de refráns antigos, coma por exemplo: “A muller e a sartén, na cociña están ben”, que nos fixeron darnos conta do carácter retrógrado e machista destes.

Despois investigamos o vocabulario español, no que atopamos unhas diferenzas sexistas na linguaxe como por exemplo: “coñazo/cojonudo, zorro/zorra”, no que rapidamente apreciamos que o feminino é unha forma despectiva e no masculino é algo bo.

Por último, analizamos a publicidade e catálogos de xoguetes, caendo na conta de que o mundo está deseñado para potenciar o desenvolvemento dos homes e reducir a muller ao ámbito da familia e ao fogar.

IMG_0532

No que respecta ao deseño dos cartaces para a conmemoración do día contra a violencia de xénero, realizamos unha chuvia de ideas e decidimos crear un coa frase  “se o amor aperta non é da túa talla”, co símbolo da muller formado por pegadas de mans moradas.

IMG_0577

IMG_0525

IMG_0533

IMG_0542

IMG_0543

IMG-20151123-WA0000

IMG-20151123-WA0008

O propio día, levariamos cada un/ha unha man morada co “hagstag” #25N. No referente ao baile, ensaiamos todos os grupos a coreografía que nos ensinou o profesor Eduardo Quintela, e o 25N sairiamos a realizalo á Peregrina, observando previamente un acto que desenvolverían a Deputación e o Concello de Pontevedra.

O obxectivo do baile sería atraer a atención da xente para que se concienciaran dos motivos do día.

IMG_20151125_132153

Baile 25 N – CIFP A Xunqueira

Crónica: Lidia Acuña, Ruth Serantes Puime Daniel, Laura Muñiz, María Martínez, Tania Miguéns.

  1. IMPLEMENTACIÓN DA ACTIVIDADE.

O día 25 de novembro, debido ao “Día Internacional da Violencia de Xénero” recibimos unha charla, dunha hora de duración, impartida por unha criminóloga da UNED, unha psicóloga da UNED e un sarxento da Garda Civil que se encarga dos casos de maltrato da provincia de Pontevedra.

A primeira persoa (Criminóloga) falou sobre o concepto de xénero, sexo biolóxico… entre outros conceptos. A segunda persoa (Psicóloga) explicou os distintos tipos da violencia de xénero e en que consistía cada un, pero centrándose na adolescencia. En canto ao Garda Civil, adentrouse mais no tema da violencia de xénero pero dende o ámbito xurídico.

Ao rematar as explicacións, realizouse unha rolda de preguntas sobre dito tema.

A nosa intervención na Peregrina, levámola a cabo cun baile tradicional de Bélxica, o cal consistía en realizalo por parellas formando un círculo e a medida que avanzaba o baile, realizabamos varios cambios de parellas.

Este baile fíxose co fin de chamar a atención dos transeúntes que paseaban pola praza, para que nun segundo momento, cando rematou o baile, coller os cartaces que estaban no interior do círculo, realizados polo alumnado dos diferentes ciclos do CIFP A Xunqueira, que compoñiamos o baile. Posteriormente, alzamos estes cartaces para ensinárllelos ao público  para concienciar sobre este tema.

Crónica: Tamara Fernández, Pilar Colmenero, Andrea Carballo, Zaida García, Zaida Estévez, Andrea García.

  1. Avaliación da actividade. Propostas de mellora.

En primeiro lugar, en canto á preparación, fallou a coordinación inicial entre o centro, que deseñou a intervención, e o alumnado que a realizabamos.

Por outra banda, a comunicación entre o profesorado dos distintos módulos non foi suficiente á hora de realizar os diferentes cartaces, xa que se repetiron algunhas das mensaxes.

No correspondente á execución, por parte do Concello e da Deputación de Pontevedra botamos en falta un maior apoio e recoñecemento, xa que non contaron connosco, nin nos presentaron, nin nos nomearon, e non quedaron para ver a nosa intervención. Tamén houbo escasa difusión e publicidade tanto antes coma despois do acto, así como a lectura dun manifesto antes de inicialo.

A pesar desta serie de dificultades e da falta de ensaios, a participación dos alumnos foi plena, aportando ideas creativas e mensaxes orixinais.

Tendo en conta a temática que nos ocupa, é fundamental a concienciación e educación en materia de igualdade no ámbito educativo, preferiblemente dende a infancia, xa que, actualmente, as mozas e mozos están expostos nas redes sociais e medios de comunicación,  a actitudes de acoso, de control, de presión social, de abusos psicolóxicos, e todo tipo de violencia.

 

Crónica: Bárbara, Laura Fernández, Eugenia, Ariana, Ainhoa, Silvia.

  1. As opinións personais.

Andrea Campos:

Día 25/11, para algúns unha data calquera, para min e outras persoas unha data significativa, unha data para demostrar que as cousas deben cambiar, que xuntos podemos facer que a violencia de xénero desapareza.

Na miña opinión moitas persoas pechan os ollos ante este día ou ante estas situacións pero encantaríame saber por que o fan. Por medo? Por non saber que facer? Supoño que iso é o que menos importa. O que importaría sería que todos e todas, nos xuntasemos e loitaramos por esa igualdade que por mala sorte non destaca nin aquí nin e calquera outro lado. Dá igual se non sabes moi ben o que facer ou o que dicir ou incluso como reaccionar, simplemente hai que xuntarse, confiar en que isto pode cambiar.

Tamén hai que facelo polo feito de que seguramente todos coñecemos algún caso de violencia de xénero, da igual que non sexa persoalmente porque por desgraza isto pasa no noso día a día. Moitos diredes que non pero… estades seguros/as? Cada vez que intentas mirar o teléfono da túa parella, cada vez que sentes eses “celos” que te matan por dentro ao pensar que a túa parella pode estar con outra persoa e miles de cousas máis. Esas cousas son polas que se empeza esa situación de violencia tanto na parella como de xénero.

Este día significou para min volver a recordar moitas cousas, recordar dor, tristeza, agobio e incluso rabia. Tamén recordar todas esas mulleres que sofren cada día unha situación así ou que por mala sorte, xa non están aquí para contalo. Por elas e por todas as que o sofren e aquelas que poden chegar a sufrilo hai que facer cousas como as do día 25 pero…por que só ese día? Había que facelo todos os días, absolutamente TODOS. Hoxe isto vai por esas  45 mulleres que perderon a vida neste 2015 pola inxustiza da desigualdade.

 

Marco Domínguez Sáenz-Diez:

Na miña opinión esta actividade creou un antes e un despois na forma de ver a loita que as mulleres desempeñan cada día sen ningún tipo de recoñecemento. A visión que temos nós agora é diferente, pero o noso papel na sociedade é o de cambiar o pensamento de todas aquelas persoas que menosprezan e discriminan á muller polo mero feito de ser muller. A actividade que fixemos e a que presenciamos fixo ver aos presentes a carga familiar e social que as mulleres soportan a diario.

Victor Marcos:

O pasado día 25 de Novembro asistimos a unha pequena “performance” na praza da peregrina en protesta por todas as vítimas da violencia de xénero. Cada día atópanse máis casos e máis violentos de violencia machista. Na miña opinión, este e un problema de educación sobre uns prototipos patriarcais moi anticuados e erróneos . Co noso pequeno xesto de baile queriamos chamar a atención de todos os viandantes, un xesto que foi acompañado pola representación de Ana Gesto , cunha moi artística performance do peso que teñen que soportar as mulleres inutilmente , podendo ser repartidas igualitariamente as tarefas do fogar.

Ana M.:

 

“Emotivo” sería un adxectivo que expresaría moi ben a sensación vivida neste día contra a violencia machista. Moitas persoas, cidadáns da cidade de Pontevedra, estiveron presentes neste acto, entre eles alumnado do CIFP A Xunqueira. A performance realizada pola Deputación e o Concello foi, sen dúbida, unha forma de protesta que non pasou desapercibida. Ninguén pode negar o impactante que resultou. Imaxinade que camiñades pola rúa e de súpeto unha muller pasa ao voso carón cun montón de potas cheas de pedras. Seguramente pensaredes que esa muller está tola; pero non o está. Acaso non é a realidade?

O peso familiar que reciben as mulleres por ese simple feito, ser muller, foi perfectamente representado. Gustaríame empezar por explicar, para quen non o saiba aínda, que non só unha bofetada é violencia. Esta protesta, non significaría o mesmo para todos, como tampouco o facía para min fai uns anos. Cando a vives na túa mesma pel, cambias a visión. Nós quixemos participar dalgún xeito neste día, facéndonos notar.  Nos días previos ao 25N, as redes sociais estaban repletas de “fíos” sobre relatos de mulleres que compartían a súa experiencia e animaban a outras mulleres a facelo. Entre estes “fíos”, atopamos moitas frases, que decidimos compartir realizando uns carteis.

Facer unha protesta está ben. Sen embargo, estaría mellor ir máis alá. Comezar polas nosas novas xeracións para que non cheguemos a estes extremos. Homes e mulleres, non en contra da violencia machista, senón en contra da violencia en xeral. Non podemos permitir que “como es muller…” sexa unha escusa para ter menos dereitos, oportunidades. Tamén queremos ser nós mesmas, expresarnos, facernos valer.

Manuel Vidal Núñez:

 

A miña experiencia persoal na participación en este tipo de actividades era nula, mais esta non será a última pois é unha gran experiencia o feito de sentirse participe, aínda que só sexa cun gran de area, dunha actividade cun significado e un propósito tan importantes, que xera unha sensación tan gratificante, aínda que non se axude a ninguén directamente.

Por outra parte creo que é de sentido común a participación neste tipo de eventos; a violencia de xénero e un gravísimo problema no que toda a sociedade ten que pór da súa parte. Pode que a actividade en si non axude a reducir o elevadísimo número de mortes, pero si axuda a un labor tamén moi importante que é o de concienciación. Na miña opinión, o primeiro paso para chegar a unha sociedade que, por fin, deixe de pór etiquetas e facer discriminación, sexual neste caso, pero tamén por razóns de cultura ou discapacidade.

Aldara López Rodríguez:

O día 25 de novembro os alumnos de primeiro ano de Integración Social do “CIFP A XUNQUEIRA”, xunto cos alumnos de primeiro e segundo ano de Infantil e Dependencia,fixemos unha serie de actividades co motivo do Dia Contra a Violencia de Xénero.

O día 25 foi moi emotivo para moitas persoas,onde me inclúo eu, un día triste para aquelas persoas que sofren no seu día a día a violencia, para aquelas persoas que viviron esa situación e sobre todo para aquelas persoas que perderon ás súas fillas, irmás, amigas a mans dun home. Un día difícil tamén para os/as nenos/as que perderon as súas nais.

Foi un día onde todos nos unimos para loitar contra a violencia de xénero,que por desgraza cada día está mais presente.Nós quixemos estar presentes na loita, quixemos dar o noso apoio coa presenza no acto realizado na Peregrina.

O acto ao que asistimos na miña opinión foi moi real, xa que a muller que o realizaba representaba moi ben o día a día dunha muller. A muller atábase unhas cordas na cintura que arrastraban unhas olas con pedras no seu interior. Estas pedras fan referencia ao peso e a dor que a muller leva todos os días por diversos motivos (maltrato,abusos,recriminacións verbais…). A muller acaba morrendo. No momento no que a muller era recuberta por terra para soterrala, a  min resultoume moi impactante e agobiante. Pensar que esa situación ocorre todos os días… non hai palabras para describir a dor e a frustración da familia dunha muller asasinada a mans do seu home.

Tamén penso que se debería loitar e mostrar a nosa repulsa contra esta situación de covardía dos homes todos os días do ano.Debemos de concienciar máis á xuventude e a cidadanía en xeral.

XUNTAS E XUNTOS PODEMOS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO. 

25 de novembro no CIFP A Xunqueira

Estándar

O CIFP A Xunqueira conmemora o Día internacional contra a violencia de xénero.

Como ven sendo habitual dende que A Xunqueira transformouse nun centro integrado de FP e coa nova  incorporación da familia profesional “Servizos Socioculturais e á Comunidade”, o mércores, 25 de novembro, Día Internacional contra a violencia contra as mulleres, o CIFP A Xunqueira non quiso deixar pasar desapercibida esta xornada.

E para conmemorar este día organizou dúas actividades encamiñadas á sensibilización e á concienciación contra a violencia de xénero e de educación na igualdade, tolerancia e convivencia.

Ás 10:30h, no Salón de actos, tivo  lugar unha charla dirixida ao alumnado co título “A violencia de xénero dende unha perspectiva criminolóxica” a cargo de dúas relatoras e dun relator:

  • Ana del Valle Couto.  Licenciada en Dereito e Criminoloxía.
  • María Penado Abilleira.  Doutora en Psicoloxía Legal e Forense.
  • Francisco Javier Quiroga Paredes. Xefe do Grupo de Delitos contra as Persoas e do Equipo Muller- Menor EMUME

A primeira parte da charla estivo centrada na conceptualización, orixe  e modalidades da violencia de xénero, xunto coas causas e consecuencias da mesma. A continuación enfocouse a violencia de xénero entre a poboación adolescente, destacando indicadores que permitan a súa identificación. No remate da sesión, abordouse a actuación da Garda Civil no tratamento e investigación dos delitos por violencia de xénero.

A charla contou cunha ampla participación de alumnado e profesorado dos Ciclos Formativos de Servizos Socioculturais e á Comunidade e de Madeira, moble e cortiza.

P1030948.JPG

A partires das 12:00 h, profesorado e  alumnado dos Ciclos de Servizos Socioculturais e á Comunidade (CM de Atención a Persoas en Situación de Dependencia, CS de Educación Infantil e o novo CS de Integración Social) sairon do Centro e realizaron unha marcha a pé ata  á Praza da Peregrina onde a través dun baile e de cartaces con lemas traballados previamente nas aulas, rexeitaron a violencia machista.

Baile 25 N na Peregrina

25 N IMG-20151126-WA0000_t

Alumnado do CS Educación Infantil na Praza da Peregrina

MEMORIA DE MULLERES

Estándar

MULLERES NA MEMORIA DA ESCOLA

O xoves 16 de outubro de 2014, na Casa das Campás de Pontevedra presentáronse os traballos do proxecto organizado polo Concello de Pontevedra “A memoria das mulleres na escola”.

1016856_646415705479687_3198087518660516634_nO CIFP “A Xunqueira” participou no evento coa proxección dunha serie de diapositivas que amosaban o labor realizado polo alumnado e profesorado do centro e coordinado pola Orientadora, Cristina Iglesias Camiña.

Obradoiros de Corresponsabilidade no CIFP A Xunqueira

Estándar

O alumnado dos ciclos de réxime modular na modalidade presencial do CIFP A Xunqueira participaron nos obradoiros de corresponsabilidade organizados dende o Departamento de Información e Orientación Profesional.

Neste curso 2013-14 o intercambio realizouse entre o alumnado dos catro ciclos formativos ofertados en réxime de persoas adultas: Ciclo Medio de Instalación e amoblamento, Ciclo Medio de Atención a persoas en situación de dependencia, Ciclo Superior de Sistemas de telecomunicación e Informáticos e Ciclo Superior de Automoción.

A través dos obradoiros o alumnado ten ocasión de realizar actividades propias doutros ciclos, dirixidas polos seus compañeiros e compañeiras, de maneira que se favorece un maior coñecemento de cada un dos ciclos ofertados no CIFP e tamén se promove a convivencia.

A finalidade última dos mesmos é a reflexión sobre o reparto igualitario de tarefas entre homes e mulleres e sobre a necesidade de romper cos estereotipos de xénero, ademáis de promover unha elección académica profesional non sexista.

Nesta xornada o alumnado participante tivo ocasión de participar en catro talleres.

Na aula técnica do Ciclo Superior de Sistemas de Telecomunicacións e Informáticos aprenderon a montar ou reparar un conector de antena para a TV.

No taller sanitario do Ciclo Medio de Atención a Persoas en Situación de Dependencia realizaron actividades de mobilización de persoas dependentes, técnicas básicas de primeiros auxilios e medicións de glucosa e presión arterial.

En Automoción o alumnado do ciclo superior amosou como levar a cabo unha revisión básica do automóbil: fluídos, pneumáticos, faros,…

No taller de Madeira, profesorado e alumnado do Ciclo Medio de Instalación e Amoblamento ensinaron ao alumnado dos demáis ciclos participantes a facer un botelleiro e un lapiceiro ben orixinais.

Nas seguintes imaxes pódese ver unha mostra das actividades realizadas

Imaxe

Cortando as pezas de madeira

Imaxe

Lixando a madeira para o botelleiro

Imaxe

Funcionamento do botelleiro

Imaxe

Expicación dos alumnos do ZS de Automoción ás alumnas do ZM de Dependencia

Imaxe

Arranxando o cable da TV

Imaxe

Na aula técnica de Electrónica

Imaxe

Aprendendo a facer unha RCP

Imaxe

Alumnos de Electrónica na grúa no taller de Dependencia

Encontro con “Matriarcas, mulleres en pé de vida”

Estándar

Encontro no CIFP A Xunqueira co libro

“MATRIARCAS, MULLERES EN PÉ DE VIDA”

Enmarcado no programa “Memoria de mulleres na escola”, o CIFP A Xunqueira realizou un encontro arredor do libro “Matriarcas, mulleres en pé de vida”, da xornalista carrilexa Montse Fajardo. Neste libro de entrevistas recóllense as biografías de diferentesgalegas que teñen en común ser mulleres fortes, loitadoras, capaces de sacar a diante ás súas familias e que representan o matriarcado en Galicia na época da postguerra.

D                índice                                                                O alumnado tivo ocasión de coñecer de primeira man as testemuñas e vivencias de Gloria Lijó a protagonista do primeiro capítulo do libro, e a primeira muller enrolada nun barco de baixura en Marrocos.

O seu relato conseguiu emocionar a todas e todos os asistentes ao acto.

B

C

En vista do éxito do encontro co alumnado dos ciclos formativos da mañá do xoves 13 de febreiro, repetiuse para os grupos da tarde/noite o martes 25 de febreiro do 2014.

Está pendente unha terceira visita de Gloria para facer o caldo (“O porco traio eu”, dixo ela)

Gloria Lijó, a primeira matriarca, e Montse Fajardo, a autora, asinando uns exemplares do libro para a Biblioteca do CIFP A Xunqueira

Programa “Memoria de mulleres na escola”

Estándar

Proxecto “A MEMORIA DAS MULLERES”, convocado polo Concello de Pontevedra

MEMORIAS DE MULLERES NA ESCOLA

Neste programa participará alumnado de 1º e 2º curso dos grupos dos ciclos CM de Atención a Persoas en Situación   de Dependencia e CS Educación Infantil da familia profesional de “Servizos Socioculturais e á Comunidade” e os das familias de “Electricidade e Electrónica”, “Madeira, Moble e Cortiza” e “Mantemento de Vehículos”, así como os alumnos dos PCPIs de Electrónica, Mantemento de Vehículos e Carpintaría, do Centro Integrado de Formación Profesional “A Xunqueira”.

A modalidade do traballo centrarase nas Artes e oficios de mulleres pontevedresas e en Biografías de mulleres represaliadas no franquismo, se fora posible.

O título do traballo a realizar polo centro é “Memoria das mulleres vencelladas á Formación Profesional no CIFP A Xunqueira”.

Descrición do traballo que se vai realizar:

O traballo consistirá na investigación e recompilación de documentación sobre mulleres pontevedresas e de concellos limítrofes, xa que o alumnado do CIFP procede maioritariamente dos arredores de Pontevedra.

Os campos de traballo están contextualizados tendo en conta as ensinanzas que se imparten no CIFP A Xunqueira.

Os ámbitos de investigación serán os seguintes:

– Mulleres que realizaran oficios nos ámbitos profesionais da Electrónica, Automoción e Carpintaría.

– Mulleres traballadoras do Instituto de Formación Profesional A Xunqueira.

– Mulleres empresarias relacionadas cos sectores profesionais ofertados no centro.

– As primeiras mestras de Educación Infantil.

– Mulleres coidadoras de persoas maiores e dependentes.

A persoa coordinadora da actividade é a Orientadora do CIFP A Xunqueira, Cristina Iglesias Camiña.