Tag Archives: Cómics

Cómics

A carga mental feminina

Estándar
Isto é unha imaxe anecdótica, pero explicativa desa carga mental que soportan a maioría das mulleres nas parellas heterosexuais. Ese traballo constante, esgotador e que case ninguén adoita recoñecer, froito da falta de corresponsabilidade, de conciliación e dunha educación igualitaria.

Dúas sociólogas deron a coñecer, xa hai anos, este término de “carga mental”, a estadounidense Arlie Hochschild e a francesa Monique Haicault, pero será Emma Clit, ilustradora francesa, co seu cómic Me lo podrías haber pedido (2018) a que popularizou e explicou perfectamente o seu significado.

Premendo aquí podedes descargar o PDF deste cómic.

Para completar esta información poñemos a continuación un pequeno “spot” titulado Los ayudadores, realizado na Arxentina no pasado ano 2020, onde con moita ironía e humor ponse en cuestión a falta de corresponsabilidade nos fogares. “Spotlight” é unha campaña conxunta da Unión Europea e Nacións Unidas orientada a eliminar todas as formas de violencia contra as mulleres e as nenas, para poder facer realidade a igualdade de xénero e o empoderamento das mulleres.

Aquí podedes acceder a este vídeo Los ayudadores

Cómic Científicas: pasado, presente y futuro

Estándar

“Científicas: pasado, presente y futuro” é unha obra de teatro para alumnado entre 8 e 14 anos que trata de resaltar a importancia da muller na ciencia co fin de promocionar as vocacións científicas das alumnas.                              Captura de pantalla 2020-12-21 a las 21.12.44

Na páxina web de Científicas: pasado, presente y futuro podedes atopar os seguintes enlaces:

  1. Versión en cómic da obra Científicas: pasado, presente y futuro (resolución media)
  2. Versión en cómic da obra Científicas: pasado, presente y futuro(resolución alta definición)
  3. Guía didáctica
Captura de pantalla 2020-12-21 a las 21.13.22

Conto: “Dobre Xornada”

Estándar

O reparto desigual do traballo doméstico impide que as mulleres amplíen a súa formación, accedan a determinados postos, teñan tempo maior de lecer,… e tamén impiden que os varóns participen en tarefas de coidado e de xestión no ámbito doméstico.
A corresponsabilidade familiar mellora a calidade de vida de toda a familia,permite acadar maior grao de formación e autonomía persoal e liberar tempo para dedicalo a outras actividades.
Podemos traballar estes aspectos co alumnado a partir de contos, datos, imaxes,…
Deixamos algún exemplo:

Resultado de imagen de mujeres y hombres corren viñeta

Imagen relacionada
Tareas

Bolígrafo para as máis cativas e os máis cativos da campaña feita polo CIM Ponteveda en colaboración coa Consellería de Educación

Estándar

Este é o desplegable que se atopa no interior do bolígrafo destinado a primaria feito polo CIM Pontevedra en colaboración co grupo de traballo de igualdade da Xefatura Territorial de Pontevedra da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

Bolígrafo das e dos maiores da campaña feita co CIM Pontevedra en colaboración coa Consellería de Educación

Estándar

Este é o desplegable que se atopa no interior do bolígrafo destinado a 3º ciclos de primaria e secundaria feito polo CIM Pontevedra en colaboración co grupo de traballo de igualdade da Xefatura Territorial de Pontevedra da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria