Podemos usar contos para traballar e reflexionar co alumnado sobre isto.
Tag Archives: Contos
Sen estereotipos
Con respecto, sen estereotipos
Un libro para o 25N
O libro narra a historia das irmás Mirabal que viviron na República Dominicana (Salcedo). Loitaron pola igualdade e contra as inxustizas. Foron asasinadas.
A data 25 de Novembro adoptada pola ONU como Día Internacional da eliminación da violencia contra a muller ten moito que ver con estas tres mulleres valentes e loitadoras.

Nenas e mulleres na ciencia
Día da nena e a muller na ciencia
Para acadar un desenvolvemento mundial adecuado a ciencia e a tecnoloxía son moi importantes. A participación das mulleres é imprescindible, convén facer esforzos para promover esa participación e para eliminar os obstáculos que lles impidan desenvolverse nese campo. Lograr a participación plena e en igualdade das mulleres require dun esforzo común. Hai moitas accións que podemos facer dende as aulas:
- Visibilizar as achegas das mulleres na ciencia e na tecnoloxía
- Rachar cos estereotipos de xénero que obstaculizan su participación en STEM
- Contribuír á elección destas áreas como carreiras profesionais
- Identificar os factores que disuaden ás mulleres de seguir carreiras STEM e realizar programas encamiñados a eliminalos
Hai moitos recursos para poñer en marcha esas accións. Deixamos aquí algúns e unhas propostas de tarefas:

CONTO E IDEAS PARA DESENVOLVER NA AULA



- Elaborar liñas biográficas coas biografías de diversas científicas e agrupalas por ámbitos segundo as súas achegas. Podemos partir de lecturas en hipertextos, vídeos, cómics…
- Deseñar e gravar vídeos curtos coas biografía
- Facer exposicións
- Elaborar un álbum de científicas
- Preparar exposicións orais apoiadas en presentacións dixitais
- Realizar experiencias diversas baseadas nos descubrimentos de científicas.
Debuxos animados, si ou non??
Deixar ver ou non debuxos animados a nenas e nenos é unha decisión familiar que, en ocasións, pode resultar difícil de tomar. Independentemente dos títulos a escoller, o uso de pantallas por parte das crianzas debería facerse seguindo unha serie de recomendacións básicas. As persoas expertas consultadas neste artigo El Diario.es concordan en ter en conta estas líneas xerais:
- Elixir ben os contidos, que sexan axeitados para as diferentes idades
- Limitar os tempos de uso –a poder ser de maneira pactada–
- Supervisar o que os nenos e nenas ven, aínda mellor sentarse a velo conxuntamente e compartir as experiencias.
Algúns debuxos animados rachan cos estereotipos e educan mentras entreteñen. Títulos como Bing, Hilda, Bluey, Daniel Tigre, Motown Magic ou DinoTren van máis aló da diversión e buscan transmitir valores entre o público infantil.
Luz Morales, a tradutora de “Peter Pan”
En 1925 a periodista galega Luz Morales Godoy (A Coruña 1889-Barcelona 1980), foi contratada pola Paramount para traducir ao castelá a obra teatral “Peter Pan”.
Destacou por ser a primeira muller española (galega) en dirixir un periódico, La Vanguardia, durante a guerra civi española, aínda que tamén xa era a directora da revista “El hogar y la moda” (precursora de “Lecturas“) .
Pero os seus propios escritos tiña que asinalos baixo un seudónimo masculino, entre eles o do personaxe galdosiano Felipe Centeno, elixido para a súa sección semanal “Vida cinematográfica” en La Vanguardia. “Centeno” chamou a atención do xerente de Paramount Pictures en España, que quedou moi sorprendido cando, na reunión na redacción de La Vanguardia advertiu que “Centeno” era unha muller. A productora contratou a Morales como asesora literaria da compañía de todas formas. Coa chegada do cine sonoro, Luz Morales será tamén a encargada de adaptar os diálogos ao castelá.
Paralelamente ao seu labor periodístico, María Luz cultivou a literatura infantil, e as súas adaptacións das “Obras maestras al alcance de los niños” (Homero, Dante, Shakespeare, Goethe, Cervantes, Lope de Vega … ), publicadas pola editorial Araluce, que ela dirixía, foron declaradas por real orde de utilidade pública. Algunhas das súas obras pedagóxicas convertíronse en libros de texto en países hispanoamericanos.
Pódese descargar un pdf de actividades e a UD sobre Luz Morales realizado pola Axenda da Cultura Galega no apartado “Aprende coas mulleres galegas“, nesta ligazón Luz Morales
Pódese completar a información en El Español.
Contos de científicas esquecidas
Hoxe remata a exposición “Científicas olvidadas jamás contadas“, inaugurada o 23 de abril na “Casa de las Ciencias” de Logroño, que pretendía visibilizar, a través de trece contos populares, as aportacións de sete científicas e seis inventoras para modificar estereotipos. A comisaria da mostra foi Rosana Largo.
A exposición está divida en tres apartados:
Científicas:
“Alicia en el País de las Maravillas” relacionado con Hipatia de Alexandría.
“Pulgarcita” coa entomóloga María Sibylla.
“Ricitos de oro” coa astrofísica Henrietta Swan.
“Caperucita roja” está vinculado á física Marie Curie.
“La princesa y el guisante” á xenetista Ruth Sager.
“Blancanieves” á bióloga molecular María Blasco.
Inventoras:
“La sirenita” conectado co telescopio submarino de Sarah Mather.
“Cenicienta” co lavalouzas de Josephine Cochrane.
“La bella y la bestia” coa tecnoloxía alimentaria e o sistema de envasado ao vacío de Amanda Jones.
“La casita de chocolate”, que se relaciona coas cookies de Ruth Wakefield.
“El mago de Oz”, co GPS de Hedy Lamarr.
“La lechera”, coa máquina transportadora de leite de Fermina Orduña.
Calculadoras de estrelas:
“El principito”: fai referencia ao protagonismo das mulleres astrónomas do século XIX, que son coñecidas como “Computadoras de Harvard“.
Máis información en:
“Eu vou conmigo”, un conto para ensinar asertividade ás nenas
Raquel Dïaz Reguera, escritora e ilustradora, é a autora de “Yo voy conmigo“, unha historia moi especial cunha mensaxe moi importante. O vídeo sobre o libro realizouno “Ciencienciate produccións“.
Este conto reflexiona sobre a importancia de ser unha mesma, sen deixar que a contorna nos faga diferentes, sen mudar como somos para agradar aos homes, e sobre a importancia de dar valor as nosas características, a eses paxaros na cabeza que todas e todos temos (aínda que as veces deixemolos engaiolados).
Ten un final xenial grazas a asertividade que a nena é capaz de mostrar.
Pódese baixar o vídeo en Yo voy conmigo.
Día do libro: Lecturas alternativas. Educación sexual e Diversidade
Achegamos dúas propostas de boas e necesarias lecturas para as nosas fillas e fillos e o noso alumnado:
48 libros para hacer Educación Sexual con los peques desde la familia. Unha moi completa guía editada pola Cruz Roja de Oviedo que contén:
36 lecturas de ficción relacionadas coa Educación afectivo-sexual que tratan temas tan diversos como reproducción, imaxe corporal, autoestima, menstruación, masturbación, placer, igualdade,
diversidade, roles e expresión de xénero, identidade sexual, transexualidade, orientación sexual,
familias, bo trato, prevención de violencia, prevención de abusos sexuais, saúde, VIH e máis.
12 son materiais divulgativos, guías de educación sexual dirixidas a familias, editadas cun
propósito educativo e divulgativo.
Podedes descargar esta publicación aquí
Alternativas literarias para trabajar en las aulas. Unha oferta moi ampla de lecturas LGTBI, editada por Docentes lgtbi+ para todas as etapas Educación Infantil, Primaria e Secundaria que abordan a diversidade sexual e os diferentes xeitos de ser e de relacionarnos.
Podedes descargar esta publicación aquí