O conto “La Banda de las Ruedas Locas” de Carlo Frabetti, Editado pola Fundación MAPFRE pode ofrecernos unha oportunidade ideal para debater co alumnado sobre a igualdade de xénero e as actividades e xogos que podemos realizar.
Próxima a celebración do día do Medioambiente, podemos traballalo cun enfoque de xénero.
Este libro poderá axudarnos nese labor:
O libro narra a historia de Wangari Maathai, gañadora do Premio Nobel da Paz de 2004 e fundadora do movemento Cinturón Verde. Wangari ensinou a coidar da terra.
Este conto narra a historia dunha princesa que é valente, intelixente, consecuente co que cre e loitadora contra as inxustizas. É un libro divertido onde se demostra que a astucia pode vencer á forza.
Os micromachismos son fórmulas de violencia cotiá. Os micromachismos son violencia, violencia tan sutil que resulta invisible, pero que reflicte as actitudes machistas presentes na sociedade, así como a discriminación cara á muller. Son a base da violencia de xénero.
Saber identificalos é fundamental para combatelos.
Co alumnado podemos traballalos a partir de historias, de noticias, de imaxes, de películas e vídeos. Na rede hai moitos exemplos.
Unha historia pode axudar a inciar o debate
PARA TRABALLAR CO ALUMNADO PROPOMOS ESTE TEXTO: O NOIVO DE DONA RATA.
CO TEXTO PODEMOS FACER LECTURA, DRAMATIZACIÓN, BUSCA DE NOTICIAS NO XORNAL RELACIONADAS CO ARGUMENTO, DEBUXO DA HISTORIA, BUSCA DE REMATES ALTERNATIVOS, CREAR CAMBIOS NA HISTORIA QUE LLE AXUDEN Á RATA A DETECTAR O PROBLEMA AO COMEZO, …
Traballar a prevención contra a violencia de xénero pode facerse con textos narrativos. Un deles é de Adela Turín e leva por título “Artur e Clementina”. O conto narra a historia dunha agresión, non física, pero si psicolóxica (humillacións, menosprezo, bloqueo dos sonos e desexos,…).
Aquí tendes unha versión en audio-conto
Tamén existe versión en soporte libro
A reflexión posterior sobre o conto é imprescindible e poden servir de guía preguntas como:
Era feliz Clementina? Por que o credes?
Artur, como era?
Que farías se foses Artur? E se foses Clementina?
…
E pódese seguir reflexionando se se fan propostas relacionadas coa ampliación e modificación da historia:
Continúa a historia tendo presente as preguntas seguintes: Será Clementina feliz agora? Que fará? Que fará Artur?
Reescribirías a historia modificando o argumento para que sexa unha historia de bo trato? Como debería ser Artur?
Poderemos comparar a versión de audio-conto con esta,