Tag Archives: Corresponsabilidade

A carga mental feminina

Estándar
Isto é unha imaxe anecdótica, pero explicativa desa carga mental que soportan a maioría das mulleres nas parellas heterosexuais. Ese traballo constante, esgotador e que case ninguén adoita recoñecer, froito da falta de corresponsabilidade, de conciliación e dunha educación igualitaria.

Dúas sociólogas deron a coñecer, xa hai anos, este término de “carga mental”, a estadounidense Arlie Hochschild e a francesa Monique Haicault, pero será Emma Clit, ilustradora francesa, co seu cómic Me lo podrías haber pedido (2018) a que popularizou e explicou perfectamente o seu significado.

Premendo aquí podedes descargar o PDF deste cómic.

Para completar esta información poñemos a continuación un pequeno “spot” titulado Los ayudadores, realizado na Arxentina no pasado ano 2020, onde con moita ironía e humor ponse en cuestión a falta de corresponsabilidade nos fogares. “Spotlight” é unha campaña conxunta da Unión Europea e Nacións Unidas orientada a eliminar todas as formas de violencia contra as mulleres e as nenas, para poder facer realidade a igualdade de xénero e o empoderamento das mulleres.

Aquí podedes acceder a este vídeo Los ayudadores

8 M. Unha reflexión sobre a situación laboral das mulleres

Estándar

“Máis mulleres con estudos ca homes. Máis homes con traballo ca mulleres”

Tedes a continuación varias presentacións elaboradas pola profesora Tareixa Casal do CIFP Carlos Oroza (Pontevedra) para que este 8 M sexa un día de reflexión co noso alumnado e poder afondar na situación laboral das mulleres na actualidade, abordando asuntos como: a fenda salarial, as horas de traballo non remuneradas, a segregación ocupacional, o chamado “teito de cristal”, ata o acoso laboral. Con suxerentes imaxes e unha gran aportación de datos, de seguro que será de bo proveito este traballo nas aulas.

E que mellor que para lembrar este 8 M agasallar ao alumnado cun marcapáxinas con frases feministas ditas por mulleres e homes de moita sona. Esta proposta foi realizada por Sonia Casal, profesora no IES Fontexería (Muros).

Marcapáxinas feministas

Vídeo

Descargar o vídeo: Eu son feminista

Acoso nas cociñas. Información significativa sobre a actual fenda salarial e as súas consecuencias, así como sobre a segregación ocupacional e a nosa escasa presenza en postos de responsabilidade.

Datos e portadas. Abordando o tema da conciliación laboral e familiar.

En que século conduces. A corresponsabilidade nas tarefas domésticas como un piar fundamental para a conciliación.

Homes facendo a merca. Algúns homes fan a compra pero non se responsabilizan das necesidades da casa nin de supervisar outras tarefas como citas médicas, a marcha no cole das crianzas, o coidado de persoas dependentes …

Mulleres estrelas Michelin. Unha boa mostra de mulleres de renome como chef de cociña. 22 mulleres estrelas Michelín e soles da guía Repsol

O traballo de coidados

Estándar
Ver las imágenes de origen
  1. Podemos partir da reflexión sobre esta afirmación en gran grupo y también sobre este cartel.
  1. Facer despois unha listaxe dos traballos de coidados non remunerados e ver con quen se asocian.
  2. Observar que ocorrería se eses traballos non os realizase ninguén.
  3. Elaborar cartelería sobre a necesidade da igualdade neste ámbito.

Obradoiros de Corresponsabilidade no CIFP A Xunqueira

Estándar

O alumnado dos ciclos de réxime modular na modalidade presencial do CIFP A Xunqueira participaron nos obradoiros de corresponsabilidade organizados dende o Departamento de Información e Orientación Profesional.

Neste curso 2013-14 o intercambio realizouse entre o alumnado dos catro ciclos formativos ofertados en réxime de persoas adultas: Ciclo Medio de Instalación e amoblamento, Ciclo Medio de Atención a persoas en situación de dependencia, Ciclo Superior de Sistemas de telecomunicación e Informáticos e Ciclo Superior de Automoción.

A través dos obradoiros o alumnado ten ocasión de realizar actividades propias doutros ciclos, dirixidas polos seus compañeiros e compañeiras, de maneira que se favorece un maior coñecemento de cada un dos ciclos ofertados no CIFP e tamén se promove a convivencia.

A finalidade última dos mesmos é a reflexión sobre o reparto igualitario de tarefas entre homes e mulleres e sobre a necesidade de romper cos estereotipos de xénero, ademáis de promover unha elección académica profesional non sexista.

Nesta xornada o alumnado participante tivo ocasión de participar en catro talleres.

Na aula técnica do Ciclo Superior de Sistemas de Telecomunicacións e Informáticos aprenderon a montar ou reparar un conector de antena para a TV.

No taller sanitario do Ciclo Medio de Atención a Persoas en Situación de Dependencia realizaron actividades de mobilización de persoas dependentes, técnicas básicas de primeiros auxilios e medicións de glucosa e presión arterial.

En Automoción o alumnado do ciclo superior amosou como levar a cabo unha revisión básica do automóbil: fluídos, pneumáticos, faros,…

No taller de Madeira, profesorado e alumnado do Ciclo Medio de Instalación e Amoblamento ensinaron ao alumnado dos demáis ciclos participantes a facer un botelleiro e un lapiceiro ben orixinais.

Nas seguintes imaxes pódese ver unha mostra das actividades realizadas

Imaxe

Cortando as pezas de madeira

Imaxe

Lixando a madeira para o botelleiro

Imaxe

Funcionamento do botelleiro

Imaxe

Expicación dos alumnos do ZS de Automoción ás alumnas do ZM de Dependencia

Imaxe

Arranxando o cable da TV

Imaxe

Na aula técnica de Electrónica

Imaxe

Aprendendo a facer unha RCP

Imaxe

Alumnos de Electrónica na grúa no taller de Dependencia

Corresponsabilidade no CIFP A Xunqueira

Estándar

Para conmemorar o Día Intenacional da Muller, o  mércores 20 de marzo de 2013, o alumnado do CIFP A Xunqueira participou nos “Obradoiros de Corresponsabilidade” organizados pola Orientadora do centro, Cristina Iglesias Camiña, en coordinación co Dpto de Calidade e coa aprobación do Director, Rafael Núñez Portela.
O CIFP A Xunqueira é un Centro Integrado de Formación Profesional que comezou a súa andaina o curso pasado coas tres familias profesionais de sempre, Electrónica, Madeira e Mantemento de Vehículos e coa incorporación dunha nova familia profesional, Servizos Socioculturais e á Comunidade.
A través destes “Obradoiros de Corresponsabilidade” preténdese  potenciar o reparto igualitario de tarefas entre homes e mulleres, romper cos estereotipos de xénero, promover unha elección académica profesional non sexista e levar a cabo unha xornada de  convivencia do alumnado destas diferentes familias profesionais do centro.
Ao longo da xornada,  os rapaces realizaron tarefas tipificadas tradicionalmente como “femininas” que se aprenden nos ciclos de Educación Infantil e Atención a Persoas en Situación de Dependencia (cambio de cueiros, coser un botón, tomar a tensión, movilizar un enfermo, xogos e psicomotricidade,…)
Por  outra banda as alumnas destes ciclos aprenderon tarefas “masculinas”;  cambiar  neumáticos, comprobar os niveis de aceite, auga, anticonxelante,… nos ciclos de Automoción; serrar, taladrar, lixar, facer un marco, restaurar,… nos ciclos de Madeira e soldadura de placas, cableado, enchufes, antenas, desmontar ordenadores,…
Esta experiencia iniciouse o curso pasado co intercambio de visitas aos distintos talleres, entre as alumnas do 1º curso do Ciclo de Educación Infantil e os alumnos dos outros ciclos.
Asemade para traballar os temas de Igualdade entre homes e mulleres o centro organizou actividades para previr a violencia de xénero, como visionado de películas, charla sobre sexualidade impartida por Purificación Leal, da Asociación Galega de Sexoloxía, campaña do lazo branco e concienciación nas aulas polo profesorado implicado.
Grazas a participación e colaboración de alumnado e profesorado e o apoio da Dirección puideron levarse a cabo con éxito estes “Obradoiros de Corresponsabilidade” que nos animan a seguir traballando a prol da igualdade.