Tag Archives: Día do libro

As premiadas do “Cervantes”

Estándar

Tal día coma hoxe de fai 47 anos, para conmemorar o nacemento do escritor Miguel de Cervantes, é dicir, o 23 de abril de 1975, foi instituido o Premio Nacional de Literatura que vaise concedendo anualmente polo Ministerio de Cultura de España. Ao longo destes case 50 anos, só acadaron este galardón, o Premio Cervantes, 6 mulleres fronte a 41 homes.

A 1ª foi a filósofa e escritora española María Zambrano no 1988; a 2ª a escritora cubana e tamén avogada Dulce María Loinaz no 1992; a 3ª a catalana Ana María Matute no 2010; a 4ª a xornalista e activisara mexicana Elena Poniatowska no 2013; a 5ª a poeta uruguaia Ida Vitale no 2018.

A 6ª é a tamén escritora uruguaia Cristina Peri Rossi no 2021, que recibiu este ano o premio na Universidade de Alcalá de Henares.

Pódese ampliar información nesta ligazón Día do libro 2022.

Un día do libro especial e feminista

Estándar

Bo día a todos e a todas. Hoxe é o día do libro, mais este ano é un día do libro moi diferente como consecuencia da situación de distanciamento social e confinamento que estamos a vivir.

Propoñémosvos 10 propostas que podedes atopar no seguinte enlace: “Érase unha vez… 10 contos infantís para escoitar en casa e ‘flipar’ coa ciencia

Feliz Día do Libro