O alumnado e profesorado do Ciclo Superior de Promoción de Igualdade de Xénero e o curso Promoción efectiva entre mulleres e homes do CIFP A Xunqueira presentaron o proxecto “Olladas Disidentes“.
O obxectivo desta exposición fotográfica é “observar máis alá do que se mira”. A través de fotomontaxes creadas e deseñadas de maneira cooperativa, pretende revelar “unha realidade que non nos representa, unha realidade estereotipada”, a fin de rachar con eses tips de xénero.
“A exposición amosa corpos non normativos para ver a reacción da xente e dá a volta aos roles convencionais”.
As imaxes desta mostra estarán expostas no patio exterior do centro ata finais de curso.
Para saber máis pódese premer nas seguintes ligazóns:
CIFP A Xunqueira, Diario de Pontevedra, Pontevedra Viva, Tentatoura e Twitter.