Tag Archives: formación

COEDUCACIÓN E PLANS DE IGUALDADE

Estándar

O día 28 de febreiro o alumnado do Ciclo Superior de Promoción de Igualdade de Xénero do CIFP A Xunqueira de Pontevedra asistíu a unha charla da profesora recentemente xubilada e experta en coeducación Lola Varela, invitada pola profesora dese centro Luisa Fernanda Aris.

IMG-20200306-WA0032
Con esta intervención pretendíase transmitir ás futuras promotoras e aos futuros promotores de Igualdade a importancia da coeducación ou educación en igualdade desde o comezo das etapas educativas e como para facer efectiva esta aprendizaxe é preciso botar man de ferramentas como dotarse dun bo Plan de Igualdade no centro de ensino.

IMG-20200306-WA0039
A elaboración deste Plan de Igualdade trae aparellado un fondo análise do centro e do seu funcionamento, co obxectivo de mudar actitudes e comportamentos machistas así como de evitar estereotipos de xénero e discriminacións.

Para ter a información completa desta intervención podedes ver o power point que resume o tratado ese día, no seguinte enlace:

COEDUCACIÓN E IGUALDADE

 

Curso “Coeducación. Dos sexos en un solo mundo”

Estándar

Xa está aberto o prazo para matricularse no curso de formación do profesorado “Coeducación. Dos sexos en un solo mundo”, promovido desde o INTEF (Ministerio de Educación). É gratuíto e está homologado. Se precisades máis información sobre os contidos do curso ou a matrícula podedes consultar esta ligazónImage.