Tag Archives: Galiza

Día das ecritoras: Rosalía de Castro

Estándar

Celebrouse estes días por vez primeira o Día das Escritoras en Melilla. Data para conmemorar o 15 de outubro, establecida hai dous anos. O Servicio de Publicaciones de la Ciudad Autónoma de Melilla SPCAM editou unha xoia literaria e un fermosísimo traballo, grazas á decisión da Consejera de Educación,Cultura, Festejos e Igualdad Elena Fernández Treviño.

Lola Varela quixo dar a coñecer fora de Galicia a outra Rosalía diferente á submisa e doente de Murguía ou Carballo Calero e escribe da Rosalía feminista e transgresora da que nos falan Francisco Rodríguez, Helena Miguélez ou Anxo Angueira.

Recolle esta publicación breves semblanzas de 15 escritoras internacionais e representativas, entre as que figuran Rosalía de Castro, Fatima Mernissi, Carmen Conde, Gabriela Mistral, Sylvia Plath ou Mercé Rodoreda.

Podedes descargar a semblanza de Rosalía, a foto e un PDF da publicación.

17 de maio: mulleres nas letras galegas

Estándar

Sin título

NUN DÍA COMA HOXE TEMOS QUE LEMBRAR A:

Rosalía de Castro (1963)
Francisca Herrera Garrido (1987)
María Maríño (2007)
María Victoria Moreno (2018)

Catro homenaxeadas no día das letras galegas. Moitas outras son merecentes desta homenaxe pola súa loita e defensa da lingua.

Mulleres no rural

Estándar

Novamente podemos ler un artigo de Lola Varela sobre a situación das mulleres no rural galego publicado o 7 de xaneiro de 2020 no Portal Cultural Tabeirós-Terra de Montes, no seguinte enlace:

Muller no rural

Mulleres no rural

 

Lola Varela

Imagem

 

 
Segundo a OCDE Galiza está considerada como zona “significativamente rural” (SR), xa que a maioría dos concellos teñen menos de 5.000 hab. Dos nosos 314 municipios, 263 responden a esta clasificación e neles vive algo máis do 30% da poboación. Poboación que arestora non acada os 2.700.000 hab. e da que o 52% somos mulleres. É dicir que estamos a falar da maior parte do noso territorio, o rural, e da maioría da nosa xente, as mulleres. Haberíase que preguntar que acontece entón para que a Administración, quer a do Estado, quer a galega, non invista onde e como debería de ser. Por que asistimos ano tras ano ao peche de explotacións agrogandeiras, á redución da superficie agraria útil e a un empeoramento da vida da poboación do rural, sinaladamente das mulleres?.
Se facemos un apresurado diagnóstico de xénero do que pode significar hoxe a vida no rural galego, atoparíamos: masculinización imperante en case todos os eidos, mercado laboral moi restritivo para as mulleres cun menor acceso a infraestruturas e servizos, persistencia dos roles de xénero a través da reprodución e mantemento do réxime patriarcal, subsidiaridade e xerarquización dos traballos e do papel social das mulleres, desfamiliarización agraria en aumento, precariedade no acceso ás novas tecnoloxías e diminución do transporte público…
Eu que vivo nunha pequena aldea da Terra de Montes con a penas 25 veciños e veciñas, podo dar fe destas e doutras eivas, sen que exista unha planificación axeitada e decidida por parte da Xunta para fixar e manter a poboación no ámbito rural, desenvolvendo as posibilidades que aínda temos e que non son poucas, dende as explotacións agrogandeiras ate unha silvicultura polivalente e respectuosa co medio; dende alternativas de ocio e turismo rural, ate o eido das enerxías renovables….
Faise moi difícil vivir e traballar no rural e máis aínda sendo muller. A falta de oferta formativa e as cativas posibilidades de emprego nun entorno conservador, aumentan o padecemento e alentan o maltrato de xénero: hai un maior número de vítimas que nas cidades (6 de cada 10 mulleres) e son máis silenciadas ao vivir en sitios pequenos onde toda a xente se coñece, a vergoña está moi presente na familia tradicional e o persoal de apoio e axuda nestes casos escasea ou non está debidamente formado. Ademais, a dependencia económica feminina das súas parellas é moi forte (apenas un 30% da afiliación ao Réxime Especial Agrario son mulleres e a maioría recibe unha pensión non contributiva) e as axudas da administración por violencia de xénero son moi cativas: 400 €/mes ao longo dun ano ou ano e medio.
E, dada a carencia de servizos sociocomunitarios no noso rural, se falamos de conciliación da vida familiar e laboral compre insistir en maior medida que no espazo urbano na corresponsabilidade asumida pola parella ou membros da familia, para compartir tarefas domésticas e coidados de crianzas, maiores e dependentes. Do contrario, é a muller quen debe asumir esta dura faena; así, 9 de cada 10 medidas de conciliación son solicitadas por mulleres, o 69% das persoas coidadoras son mulleres e o 75% das mulleres renuncian a súa vida social e familiar fronte un 25% de homes.
A pesar de todo, da falta de tempo, da ausencia de formación, da pouca visibilidade do seu traballo e das actitudes machistas imperantes no rural, cando as mulleres se xuntan e deciden implicarse para plantarlle cara á decadencia das comunidades pola diminución da veciñanza en aldeas e parroquias, a súa iniciativa non pasa desapercibida. Trátase de manter aqueles espazos e momentos de sociabilidade tan necesarios no rural, nos que a muller xoga un papel relevante. Isto foi o que aconteceu na miña parroquia de San Martiño de Figueroa coa festa de Santa Lucía, que celebramos a carón dunha fermosa capela do S XVIII; este ano, unha comisión formada só por mulleres recuperou a festividade a piques de desaparecer, demostrando deste xeito ser boas transmisoras duns valores comunitarios indispensables para manter a esperanza de mil primaveras máis para o noso rural.

  Docente xubilada, experta en coeducación e feminista

Este artigo foi tamén publicado no Nº 3 de NÓS Diario o 04/01/2020 e podes atopalo no seguinte enlace https://www.nosdiario.gal/opinion/lola-varela/mulleres-no-rural/20200109101221089353.html

Charla no CIFP A Xunqueira ao alumnado do Ciclo Formativo de Promoción de Igualdade de Xénero

Estándar

Lola Varela e Elena Antelo

O pasado día 19 de novembro foi invitada a dar unha conferencia no Ciclo superior de FP Promoción de Igualdade de xénero, no CIFP de Pontevedra A Xunqueira, a profesora Lola Varela que acudíu acompañada de Elena Antelo unha muller con explotacións no rural, sobre A muller no rural galego: situacións e perspectivas de mellora, xa que dentro da programación está o módulo de Participación social das mulleres. Con esta intervención pretendíase adaptar esta participación ao medio rural en Galicia.

IMG-20191119-WA0008

Expuseron as condicións de vida no rural e as diferentes formas de participación das mulleres (cooperativas, asociacións, sindicatos agrarios e grupos de desenvolvemento rural), para rematar nunhas conclusións que reflicten as necesidades para o empoderamento da muller no rural galego.

Déixovos aquí a presentación: A muller no rural galego

24 de febreiro: Día de Rosalía

Estándar

Rosalía de Castro nacía un 24 de febreiro de 1837.

Poderemos traballar a súa figura nestes días e tamén a súa obra.

Resultado de imagen de rosalía de castro feminista

No prólogo de La hija del mar (1859), pode observarse o seu alegato de empoderamento feminino .

María Xosé Queizán axúdanos a desentrañar e reflexionar sobre o feminismo en Rosalía de Castro.

Rosalía de Castro e o poder sexual .jpg

Tamén pode ser de utilidade este documental.

Preto do día de Rosalía de Castro podemos reflexionar sobre a súa faceta feminista

Estándar

Hai algún tempo propuñámos traballar ao redor do poema Xan de Rosalía de Castro. Nesta ocasión propoñemos coñecer unha parte descoñecida da biografía da escritora. O 24 de febrero é o día de Rosalía e podemos aproveitar para reflexionar sobre a súa visión do mundo e da vida das mulleres.

Este vídeo axudaranos.

E tamén esta nova de 2010.