Tag Archives: Guía

Guía para pais e nais que teñen fillas adoslescentes que sufren violencia de xénero

Estándar

“La violencia de género es un problema social, de carácter estructural, que tiene su raíz en el machismo y la desigualdad que se reproducen y perpetúan generación
tras generación en toda sociedad, a través de múltiples vías: la cultura, la moda, la
música, la literatura, la publicidad, los medios de comunicación, la religión, los videojuegos, las redes sociales… Hablamos de un problema presente en toda sociedad, en
todas las esferas sociales y, por supuesto, en todas las capas de población, incluidas
las más jóvenes.
Desde el Instituto Andaluz de la Mujer hemos puesto el acento en la prevención del machismo y la violencia de género desde edades muy tempranas…”

A Junta de Andalucía publicou esta guía no ano 2014, pero de total actualidade, para familias que teñen fillas adolescentes que sufren violencia de xénero.

Podedes descargala no seguinte enlace.

Guía de intervención con menores que sufren ou sufriron violencia de xénero

Estándar

Te Acompaño es un manual dirigido a profesionales que
trabajan en el ámbito de la Violencia de Género, o para
quienes, aun no trabajando en ello, quisieran adentrarse en este campo complejo.

Pretende ser un instrumento práctico y dinámico que engloba los conocimientos y
experiencias derivados de muchos años de trabajo con
niños, niñas y adolescentes que han sufrido una situación
de violencia de género, enriquecido con las aportaciones
de grandes profesionales en la materia.
Está organizado en cuatro bloques que facilitan la lectura…”

O Goberno de Canarias publicou no ano 2020 esta guía que podedes descargar aquí.

Guía para as familias: as primeiras aprendizaxes

Estándar

A Deputación de Pontevedra e a Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG) en decembro de 2020 fixeron pública a guía “A familia, núcleo das primeiras aprendizaxes“, unha publicación en galego que pretende axudar a que as nais e pais poidan coñecer as súas aptitudes, melloralas e adquirir estratexias que lles faciliten a prestación da axuda necesaria e eficaz na educación dos seus fillos e fillas.

Consta de varios artigos escritos por diferentes autoras e autores, referentes no mundo do ensino e nos temas de igualdade e coeducación. A relación é a seguinte:

  • A motivación como eixo fundamental da aprendizaxe. Ana Pérez, ensinante.
  • Educar en positivo: cando a disciplina emerxe desde o afecto. Xesús Fortes, ensinante.
  • Facendo lectores e lectoras desde a casa. Lorena Maceiras, bibliotecaria.
  • Educación Emocional e Xestión de conflitos. Carmen Loureiro, ensinante.
  • Internet e menores. Jorge Castro, bibliotecario, experto en redes.
  • Educación afectivo sexual dentro da familia. Luisa Abad, orientadora.

A ligazón para obter a guía é esta: Guía_Familias

Guía de recursos para mulleres tecnolóxicas

Estándar

Esta guía pretende ser un recurso para favorecer que as mulleres xoves se acheguen ao mundo dixital e pouco a pouco diminuir a brecha dixital de xénero existente e as consecuencias que trae de seu. Para iso a Federación de Mujeres Jóvenes, quere contribuir á necesidade de garantir a igualdade de oportunidades e de xénero na sociedade da información para mulleres xoves e facilitar o seu achegamento ás novas tecnoloxías da comunicación e da información.

E ao mesmo tempo, como un modo de facilitar o acceso á formación, ao emprego e, en xeral, aos recursos que multipliquen exponencialmente as posibilidades de desenvolvemento personal das mulleres.

Editada en decembro de 2018, está de total actualidade nos recursos, enlaces e información que nos achega.

«Solo el 17,2% de Los empleos en el sector las tecnologías de la información en la Unión Europea los ocupan mujeres»

«Las mujeres solo representan el 18 % de las profesionales del sector tecnológico y únicamente el 5 % de las start-ups de base tecnológica están lideradas por mujeres».

Edición a cargo de Marta Macho, profesora do Departamento de Matemáticas da Facultade de Ciencia s e Tecnoloxía da Universidade do País Basco.

Podedes descargar esta guía aquí mesmo.

Mapa de recursos para educación non formal

Estándar

A Deputación da Coruña e a cooperativa de educación e de lecer Aventeira veñen de publicar un mapa de recursos chamado “Educación non formal con lentes violetas“.

Dende xogos e dinámicas, guías didácticas, audiovisuais, formación, violencia de xénero, …, ata centros de información; basta con premer en cada unha das diferentes opcións no pdf.

Tamén en cada apartado tes varias ligazóns que completan os materiais.

Podes ver e descargar o mapa nas seguintes ligazóns: Mapa e Recursos, respectivamente.

Guía didáctica: Familias diversas

Estándar

Interesante publicación, editada polo Servizo de Igualdade do Concello de Zaragoza.

“…La guía permitirá orientar el trabajo de los/as profesionales de la educación, la acción social, la sanidad, del tercer sector, etc. a través de las acciones metodológicas propuestas, dirigidas a varias edades, desde la infancia hasta la adultez…

Nuestra sociedad sigue teniendo como referencia al sistema heteropatriarcal dominante y su modelo familiar, en el que no cabe más que una pareja heterosexual con hijos/as. Sin embargo, la realidad sociológica familiar es cada vez más diversa, y quien se sale del modelo dominante vive, en ocasiones, discriminaciones y dificultades por razón de género…”

Podedes descargar esta guía aquí mesmo

GUÍA DE LITERATURA INFANTIL E XUVENIL PARA A IGUALDADE

Estándar

A Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia xunto coa Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil GÁLIX veñen de poñer á nosa disposición unha formidable guía de libros que pretende demostar aos nenos e ás nenas, mozos e mozas que outros contidos son posibles: o empoderamento das mulleres, o reparto das tarefas no fogar, a ruptura cos estereotipos sexistas ou a visibilización das mulleres ao longo da historia.

As lecturas está divididas en tres tramos: de cor verde ata os 8 anos, de cor vermello ata os 12 e de cor azul a partir dos 12 anos.

Cada libro ven acompañado dunha sinopse, temas relacionados e varias actividades para realizar co alumnado.

Podedes descargar a guía completa a continuación

Guía de actuación ante casos de Violencia de Xénero no ámbito educativo

Estándar

A Xunta de Galicia acaba de publicar a Guía de actuación ante casos de violencia de xénero no ámbito educativo, aprobada en 2019 polo plenario do Observatorio Galego de Violencia de Xénero, no que participa a Consellería de Cultura, Educación e Universidade.

Guía é un instrumento de resolución de conflitos de convivencia que vai contribuír a dar pautas de actuación ante un caso de violencia de xénero, de acordo coa lexislación en materia de convivencia e seguindo os presupostos establecidos no I Plan de actuacións para a Igualdade nos centros educativos de Galicia 2016-2020 (incluído na Estratexia Galega de Convivencia Escolar 2015-2020), que contempla como un dos seus piares básicos a tolerancia 0 contra a violencia de xénero.

Así pois esta ferramenta vén a dotar de instrumentos de intervención esta estratexia, abordando de xeito decisivo a violencia de xénero, que constitúe a violencia máis silenciada e oculta da sociedade.

Pódese ampliar a información no portal educativo e na web da Secretaría Xeral de Igualdade.

Pódese descargar o volume na seguinte ligazón.

Asociación Vida sen Violencia: Guía para a prevención da violencia de xénero

Estándar

No seguinte enlace podedes atopar información moi interesante da Asociación Vida sen Violencia

Na páxina web da Asociación Vida Sen Violencia atópase a seguinte Guía Violencia de Xénero. Esta guía é o primeiro proxecto desta Asociación cuxa páxina web naceu co desexo e a necesidade de aglutinar nun mesmo soporto toda a información dispersa e en ocasións, desordenada existente a fin de facilitar o traballo de moitos profesionais e a búsquea de información de todas aquelas mulleres que necesitan de forma inmediata unha resposta á difícil situación na que se atopan.

 

Enlace á Guía para a prevención da violencia de xénero para mozos e mozas. Guía

Enlace á páxina principal da Asociación Vida sen Violencia