Tag Archives: Guías

Guía Violencia de Xénero en menores de idade

Estándar

Despois de coñecer estes días os feitos tan arrepiantes sufridos durante 4 anos por unha menor de idade na cidade de Pontevedra, causados pola parella da súa nai, que foi condenado a 15 anos por agredir e violar de xeito continuado a esta menor, pensamos que estaría ben dotarnos de todas aquelas ferramentas que nos axuden a detectar e intervir nestes casos.

A Fundación ANAR ven de editar unha boa e moi útil guía para intervir con menores de idade vítimas da Violencia de Xénero, dirixida a familias, profesorado e persoas que traten a miúdo con crianzas e mocidade.

A Fundación ANAR é unha organización sen ánimo de lucro que axuda a nenos/as e adolescentes, desde 1970, e que se dedica á promoción e defensa dos dereitos dos nenos/as e adolescentes en situación de risco e desamparo, mediante o desenvolvemento de proxectos tanto en España como en Latinoamérica, no marco da “Convención de los Derechos del Niño de Naciones Unidas”. 

Podedes descargar aquí Guía Violencia de Género en menores de edad

25 N. Actividade xuvenil en formato Visual Thinking

Estándar

Esta é unha actividade sobre tratamento e prevención da violencia de xénero. A actividade está composta de 3 micro vídeos onde se abordan conceptos básicos arredor da violencia de xénero de xeito didáctico a través de gráficos con animación para traballar nas aulas.

É unha proposta elaborada polo Servizo de Igualdade de Xénero da Deputación de A Coruña.

Esta proposta vai acompañada dunha estupenda Guía explicativa para abordar a violencia de xénero a través dun xogo cooperativo, chamado Scape Room, que pretende os seguintes obxectivos:

1.-Discriminar situacións onde se dan situacións de violencia machista e onde non.
2.-Tomar consciencia da violencia machista como unha problemáticasocial, que debe ser abordada por todas e por todos.
3.-Aplicar os recursos existentes no caso de sufrir ou presenciar unha situación deste tipo.

Día do libro: Lecturas alternativas. Educación sexual e Diversidade

Estándar

Achegamos dúas propostas de boas e necesarias lecturas para as nosas fillas e fillos e o noso alumnado:

48 libros para hacer Educación Sexual con los peques desde la familia. Unha moi completa guía editada pola Cruz Roja de Oviedo que contén:

36 lecturas de ficción relacionadas coa Educación afectivo-sexual que tratan temas tan diversos como reproducción, imaxe corporal, autoestima, menstruación, masturbación, placer, igualdade,
diversidade, roles e expresión de xénero, identidade sexual, transexualidade, orientación sexual,
familias, bo trato, prevención de violencia, prevención de abusos sexuais, saúde, VIH e máis.

12 son materiais divulgativos, guías de educación sexual dirixidas a familias, editadas cun
propósito educativo e divulgativo.

Podedes descargar esta publicación aquí

Alternativas literarias para trabajar en las aulas. Unha oferta moi ampla de lecturas LGTBI, editada por Docentes lgtbi+ para todas as etapas Educación Infantil, Primaria e Secundaria que abordan a diversidade sexual e os diferentes xeitos de ser e de relacionarnos.

Podedes descargar esta publicación aquí

Guías de Linguaxe Inclusiva

Estándar

O Instituto de la mujer, pertencente ao Ministerio de Igualdad ten recollido unha selección de 120 guías para o uso dunha linguaxe non sexista, escritas tanto en castelán como en catalán, euskera e galego.

A clasificación das guías fíxose tendo en conta estas temáticas: academia, administración, comunicación e publicidade, deportes e cultura, discapacidade, educación, emprego e relacións laborais, sensibilización xeral e recursos web, xurídico, saúde, sociedade civil ou ciencia, tecnoloxía e medioambiente.

A selección atópase en Formación no apartado de Servicios y Recursos del Ministerio de Sanidad, Servicios Sociales e Igualdad e pódese descargar na seguinte ligazón: Guías de lenguaje inclusiva.

Tamén nos seguintes enlaces están guías galegas da Deputación de Pontevedra e da Universidade de Vigo, respectivamente, DePo e UVigo.

Unha Educación Física non sexista

Estándar

A Educación Física foi de sempre unha actividade marcada polas diferenzas entre mulleres e homes e polo tanto a linguaxe empregada era maioritariamente sexista. Aquí temos unhas boas propostas para mudar estas desigualdades e facer da Educación Física algo igualitario e coeducativo na súa práctica e na súa forma de comunicación.

Aquí tedes un Decálogo elaborado por APEFADAL Asociación de Profesionales de la Educación Física

Preme aquí para descargar este Decálogo completo

Esta é unha Guía para unha Educación Física non sexista, publicada polo Ministerio de Educación y Ciencia MEC hai xa algúns anos pero de total validez e actualidade e, ademais completísima nos temas que aborda: coeducación, currículo oculto, prexuizos de xénero…

Preme aquí para descargar esta Guía

Guía básica de corresponsabilidades e novas masculinidades

Estándar

O Concello de Bueu ven de editar unha necesaria guía elaborada polo Centro de Información ás Mulleres na que se aborda o tema da corresponsabilidade e das novas masculinidades.

Como nos di o Sr. Alcalde de Bueu, Félix Juncal Novas, no limiar desta publicación:

“Un dos principais problemas do feminismo, moi especialmente dos homes feministas, é a necesidade de
ofrecer referentes masculinos que se afasten da masculinidade clásica ou hexemónica. É, pois, preciso por
en marcha accións políticas que xeren cambios na sociedade, na cultura, na educación, traballando cos
homes, comezando polos máis novos, empregando ferramentas que promovan e faciliten a eliminación
dos roles tradicionais, cuestionando todos os privilexios dos que vimos desfrutando dende hai moitísimos
séculos…”

“Apostamos pola cuarta ola feminista que precisa de nós. Tamén os homes temos que loitar contra o
patriarcado convencidos e convencendo a outros homes”.

A través de imaxes cotiás e textos breves vaise avanzando no tema, da man de catro homes de Bueu (Antón Guitián, Arturo Sánchez, Jose Manuel Castro e Luís Davila) que nos fan reflexionar e desexar algúns cambios urxentes e imprescindibles para acadar unhas relacións igualitarias.

Podedes descargar esta publicación aquí mesmo

Guía de literatura infantil e xuvenil non discriminatoria

Estándar

Para ver a Guía de literatura infantil e xuvenil non discriminatoria (parte 1) da Xunta de Galicia preme aquí . Guía I    

Guía I

Para ver a Guía de literatura infantil e xuvenil non discriminatoria (parte 2) da Xunta de Galicia preme aquí. Guía II

Guía II