Raquel Dïaz Reguera, escritora e ilustradora, é a autora de “Yo voy conmigo“, unha historia moi especial cunha mensaxe moi importante. O vídeo sobre o libro realizouno “Ciencienciate produccións“.
Este conto reflexiona sobre a importancia de ser unha mesma, sen deixar que a contorna nos faga diferentes, sen mudar como somos para agradar aos homes, e sobre a importancia de dar valor as nosas características, a eses paxaros na cabeza que todas e todos temos (aínda que as veces deixemolos engaiolados).
Ten un final xenial grazas a asertividade que a nena é capaz de mostrar.
Pódese baixar o vídeo en Yo voy conmigo.