Tag Archives: Literatura

MAFALDA

Estándar

O día 30 de setembro de 2020 deixábanos Quino, Joaquín Salvador Lavado, o creador dese gran personaxe que é Mafalda.

Fillo de emigrantes andaluces na Arxentina, casado cunha gran muller, colaboradora e compañeira, Alicia Colombo, dou vida a Mafalda no ano 1962 para un anuncio publicitario que non chegou a realizarse e Mafalda quedou libre para ser retomada por Quino a partir de 1964 e poder ser esa voz crítica e solidaria que nos acompañou durante tantos anos e que agora queremos compartir neste blog con todas as persoas que desexen gozar coñecendo ou lembrando a esta rapaza tan especial e aos seus amigos Manolito, Miguelito, Guille, Felipe ou Susanita.

17 de maio: mulleres nas letras galegas

Estándar

Sin título

NUN DÍA COMA HOXE TEMOS QUE LEMBRAR A:

Rosalía de Castro (1963)
Francisca Herrera Garrido (1987)
María Maríño (2007)
María Victoria Moreno (2018)

Catro homenaxeadas no día das letras galegas. Moitas outras son merecentes desta homenaxe pola súa loita e defensa da lingua.

Recomendacións lectoras

Estándar

“Colección érase dos veces”, Belén Gaudes y Pablo Macías, Ed. Cuatro Tuercas

Podedes ler máis sobre esta colección no seguinte enlace.


“¿Las princesas usan botas de montaña?”, Carmela Lavigna, Ed. Picarona


“Rula busca su lugar”, Mar Pavón y Maria Girón, Ed. Tramuntana


“Ricitos de oso”, Stéphane Servant y Laetitia Le Saux, Ed. Juventud


“¡Pink! El pingüino que se volvió rosa”, Lynne Rickards y Margarete Chamberlaine, Ed. Trapella Books


“El dragón Zog”, Julia Donaldson y Axel Scheffler, Ed. MacMillan

Esperamos que vos gusten ….!!!!

Proposta para traballar contra o maltrato: 25 de novembro

Estándar

PARA TRABALLAR CO ALUMNADO PROPOMOS ESTE TEXTO: O NOIVO DE DONA RATA.

CO TEXTO PODEMOS FACER LECTURA, DRAMATIZACIÓN, BUSCA DE NOTICIAS NO XORNAL RELACIONADAS CO ARGUMENTO, DEBUXO DA HISTORIA, BUSCA DE REMATES ALTERNATIVOS, CREAR CAMBIOS NA HISTORIA QUE LLE AXUDEN Á RATA A DETECTAR O PROBLEMA AO COMEZO, …

Loitando contra a desigualdade é previr o maltrato

Estándar

Traballar a prevención contra a violencia de xénero pode facerse con textos narrativos. Un deles é de Adela Turín e leva por título “Artur e Clementina”. O conto narra a historia dunha agresión, non física, pero si psicolóxica (humillacións, menosprezo, bloqueo dos sonos e desexos,…).
Aquí tendes unha versión en audio-conto

Tamén existe versión en soporte libro
untitled
A reflexión posterior sobre o conto é imprescindible e poden servir de guía preguntas como:

  • Era feliz Clementina? Por que o credes?
  • Artur, como era?
  • Que farías se foses Artur? E se foses Clementina?
  • E pódese seguir reflexionando se se fan propostas relacionadas coa ampliación e modificación da historia:

    • Continúa a historia tendo presente as preguntas seguintes: Será Clementina feliz agora? Que fará? Que fará Artur?
    • Reescribirías a historia modificando o argumento para que sexa unha historia de bo trato? Como debería ser Artur?

    Poderemos comparar a versión de audio-conto con esta,

    Un verán para ler contos que fomenten a igualdade

    Estándar

    Este verán podemos ler un conto cada día relacionado coa igualdade entre os sexos.
    Hai múltiples posibilidades:
    1. Na guía titulada “Siete rompecuentos para siete noches”, na que tamén se pode atopar unha introdución que fai reflexionar sobre os contos e os estereotipos que transmiten. Nesa guía podemos atopar contos como: “la princesa Carlota y su dragón mascota”, “El lobo caperucito”, “La bella bestia”, “El príncipe ceniciento”, “Tarzana”, “Blancanieves y los 7 alienígenas”
    2. Na páxina “Cuentos para la Igualdad” onde aparecen historias como: “Simplemente María”, “Luisa quiere ser astronauta”, “Mario, un machista arrepentido”, “Carta a una amiga”, “Ella sí puede”
    3. No recompilatorio do “10º concurso de contos non sexistas Gabriela Mistral” da Comunidade de Madrid. Pódense atopar títulos como: “Estis terrícolas estan turulatis”, “Asamblea de Tiemarai”, “Un aire llamado libertad”, “Los ratos”
    4. Audiocontos ou contos en vídeo como:

    Un conto para traballar na aula

    Estándar

    Para seguir rachando estereotipos propomos un conto.

    ACTIVIDADE PREVIA:

    A PRINCESA

    A PRINCESA

    1. Que lle pasará á princesa? Por que correrá?

    2. Por que se titulará así a historia?

    A princesa chegou

    A princesa chegou

    ACTIVIDADE LECTORA

    1. Só tendes que clicar neste enlace e ler para comprobar que sucede.

    ACTIVIDADE DE DEBATE

    2. Que cousas te imaxinas que non lle suceden ás princesas de conto? Por que non lle sucederán? E aos príncipes?

    3. Imaxina novos títulos para contos de princesas

    Mirade este vídeo para rematar o debate