Tag Archives: Lola Varela

Charla no CIFP A Xunqueira ao alumnado do Ciclo Formativo de Promoción de Igualdade de Xénero

Estándar

O pasado día 19 de novembro foi invitada a dar unha conferencia no Ciclo superior de FP Promoción de Igualdade de xénero, no CIFP de Pontevedra A Xunqueira, a profesora Lola Varela que acudíu acompañada de Elena Antelo unha muller con explotacións no rural, sobre A muller no rural galego: situacións e perspectivas de mellora, xa que dentro da prograMación está o módulo de Participación social das mulleres. Con esta intervención pretendíase adaptar esta participación ao medio rural en Galicia.

IMG-20191119-WA0008

Expuseron as condicións de vida no rural e as diferentes formas de participación das mulleres (cooperativas, asociacións, sindicatos agrarios e grupos de desenvolvemento rural), para rematar nunhas conclusións que reflicten as necesidades para o empoderamento da muller no rural galego.

Déixovos aquí a presentación: A muller no rural galego

Aumentan 20% os delitos sexuais entre adolescentes. Algo non funciona

Estándar

O pasado 28 de outubro de 2019 publicouse este artigo feito por Lola Varela  que aborda o inquietante problema do aumento dos delitos sexuais entre adolescentes. Como ben di Lola, é necesario tomar conciencia deste grave problema. Podedes ler o artigo premendo aquí