Tag Archives: Manuais

Manuais

Datas e datos para lembrar…en pé de igualdade… e non esquecer o resto do ano

Estándar

É unha publicacción dirixida especialmente ao profesorado de ensino secundario, editado pola Concellería de Igualdade de Vigo no ano 2011, dentro das actuacións recollidas no IV Plan municipal de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes de Vigo (2009-2012). Foi elaborada por tres docentes expertas en coeducación: Chis Oliveira, Luisa Abad e Esther Mato.

É un atractivo e completo manual con perspectiva de xénero, de total actualidade, sobre as distintas conmemoracións escolares oficiais que se celebran ao longo do curso escolar nos centros:

  1. Día da Paz (30 de xaneiro)
  2. Día das Mulleres (8 de marzo)
  3. Día do Consumo Responsable (15 de marzo)
  4. Día Mundial da Saúde (7 de abril)
  5. Día do Libro (23 de abril)
  6. Día da Libertade de Prensa (3 de maio)
  7. Día de Europa (9 de maio)
  8. Día das Letras Galegas (17 de maio)
  9. Día do Medio Ambiente (5 de xuño)
  10. Día contra a Violencia de Xénero (25 de novembro)
  11. Día da Constitución e do Estatuto Galego (6 de decembro)
  12. Día dos Dereitos Humanos (10 de decembro)

O material consiste nun libro impreso e o sitio web no que están subidos todos os contidos así como múltiples e variados recursos multimedia: vídeos, contos, documentos, música etc.

Trátase de fomentar a igualdade todos los días do ano e ante calquera celebración, porque educar en igualdade é a mellor prevención para a violencia de xénero e para garantir unha convivencia baseada en valores solidarios e democráticos.

Acceso á web Datas e datos…en pé de igualdade… e non esquecer o resto do ano

Premer en “Ir ao inicio de datas e datos” e teredes acceso a todo este interesante material.

Material “Para unhas relacións de calidade, evitemos a desigualdade. Combatamos a violencia” elaborado pola Xunta de Galicia

Estándar

A Xunta de Galicia editou en conmemoración do día da NON violencia contra as mulleres este material realizado coa colaboración do IES Arcebispo Xelmírez II e que podedes examinar premendo aquí.

Tamén o podes descargar premendo esta ligazón

Materiais “Obradoiro de corresponsabilidade” elaborado pola Xunta de Galicia

Estándar

A Xunta de Galicia editou hai un tempo este material denominado “Obradoiros de corresponsabilidade” e que nós recuperamos aquí.
Capítulo 1: Uso do tempo e do espazo

Capítulo 2: Corresponsabilidade

Capítulo 3: As relacións e negociacións dentro da parella

Capítulo 4: Modelos de socialización

Capítulo 5: Organización, compra e limpeza

Capítulo 6: Alimentación e cociña básica

Capítulo 7: Obradoiros de supervivencia doméstica

Anexo

Presentación do libro “Datas e datos para lembrar en pé de igualdade … e non esquecer o resto do ano”

Estándar

Vén de presentarse o libro “Datas e datos para lembrar en pé de igualdade … e non esquecer o resto do ano” de Mª Luisa Abad Abad, Esther Mato e Mercedes Oliveira publicado pola Concellería de Igualdade do Concello de Vigo.
É un libro no que podedes atopar propostas variadas para traballar a igualdade nas aulas ao longo de todo o ano.

Enlace ao libro

Manual de perspectiva de xénero para docentes

Estándar

O pasado 30 de novembro realizouse unha charla impartida polo CIM do Concello de Pontevedra, e organizada polo CIM e a Consellería de educación e ordenación universitaria da que se nos enviou varios documentos (presentacións de diapositivas, documentos, …) para a súa difusión. O seguinte documento é un manual de perspectiva de xénero para docentes, e está elaborado polo CIM de Pontevedra.